XVIII DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura 2
Re 5, 14-17
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DOS REIS
Volvéndose Naamán cara
ao home de Deus, proclamou a súa fe no Señor
Naqueles
días, baixou Naamán, o Sirio, ao Xordán
e mergullouse na súa auga sete veces, segundo lle mandara Eliseo o home de
Deus. A súa carne tornouse entón coma a dun neno pequeno, e quedou limpo da súa
lepra.
Volveu
Naamán con toda a súa compaña onda o home de Deus e presentóuselle, dicindo:
‑ "Agora recoñezo que non hai deus en toda a terra, fóra do Deus
de Israel. Acepta, pois, un regalo do teu servo".
Respondeulle Eliseo:
‑ "Polo Señor vivo a quen sirvo, que non aceptarei cousa
ningunha". E por moito que lle insistiu para que aceptase, el negouse.
Naamán
dixo entón:
‑ "Pois logo, permite que o teu servo leve unha carga desta terra,
a que poidan cargar dúas mulas, pois o teu servo non ofrecerá
holocaustos nin sacrificios a deus ningún, senón só ao Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4
R/. (cf. 2b): O Señor
revela a súa xustiza ante os pobos.
Cantade ao Señor un
cántico novo,
pois fixo marabillas;
a súa destra deulle a vitoria,
o seu brazo santo.
0 Señor dá a coñeces a súa vitoria,
revela a súa xustiza ante os pobos.
Lembrou a súa misericordia e a súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os confíns todos da terra percibiron
a vitoria do noso Deus.
Aclama ao Señor,
terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
Segunda Lectura 2
Tim 2, 8-13
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Se nos mantemos firmes, reinaremos con Cristo
Benquerido
irmán:
Lémbrate
de Xesús Cristo, resucitado dos mortos, da semente de David.
Este é o
meu Evanxeo, polo que padezo ata estar preso coma un vulgar criminal. Pero a
palabra de Deus non está encadeada.
Por iso
soporto todas as cousas por mor dos escolleitos, para que tamén eles
acaden salvación en Cristo Xesús, coa
gloria eterna. Gran verdade é esta:
Se con el
morremos, viviremos con el.
Se con el padecemos,
reinaremos con el.
Se renegamos del, tamén el nos ignorará.
Pero se
lle fallamos na fe, el mantense fiel,
pois non pode renegar de si mesmo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA 1 Tes 5, 18
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Dade grazas por todo:
Aleluia.
Evanxeo Lc 17,
11-19
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Non houbo quen volvera dar gloria a Deus senón este xentil
Indo Xesús
camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ao entrar nunha aldea, saíronlle ao paso dez gafos. Pararon ao lonxe, e dando voces suplicáronlle:
‑ Xesús,
Mestre, ten dó de nós.
El, ao velos, díxolles:
‑ Ídevos presentar aos sacerdotes.
E
aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ao se decatar de que estaba curado, volveu
loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, aos pés de
Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano. Xesús dixo:
‑ Non foron dez os que quedaron limpos? Onde están os outros nove?
Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
E engadiu:
‑ Érguete e vaite: salvoute a túa fe.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario