VI DOMINGO DE PASCUA CICLO C
Primeira Lectura
Feit 15, 1-2. 22-29
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non vos impoñer máis
cargas cás precisas
Naqueles
días, algúns que baixaron desde Xudea ensinaban aos irmáns: "se non vos
circuncidades conforme á tradición de Moisés, non vos podedes salvar".
Como se
orixinou un desacordo e unha disputa non pequena de Paulo e Bernabé contra
eles, acordaron que Paulo, Bernabé e algúns outros subisen a Xerusalén a tratar
a cuestión cos apóstolos e os responsables.
Entón, os
apóstolos e os responsables de acordo con toda a Igrexa, decidiron elixir
algúns de entre eles e mandalos a Antioquía, xunto con Paulo e Bernabé; Xudas,
chamado Barsabás, e Silas, homes que destacaban entre os irmáns. E por medio
deles mandaron esta carta:
"Os
irmáns apóstolos e responsables saúdan aos irmáns de orixe pagá, que están en
Antioquía, Siria e Cilicia. Somos sabedores de que algúns, saídos de aquí e a
quen non demos mandato ningún, andan por aí desacougándovos coas súas palabras;
decidimos escoller uns delegados e mandárvolos, xunto cos nosos benqueridos
Bernabé e Saulo, que teñen dedicado a súa vida á causa de noso Señor Xesús
Cristo; mandámosvos, logo, a Xudas e Silas, que vos dirán de palabra as mesmas
cousas.
Porque
decidimos, o Espírito Santo e mais nós, non vos impoñer máis cargas cás
precisas: absterse de carnes ofrecidas aos ídolos, do sangue, de animais
afogados e da unión deshonesta; faredes ben en gardarvos destas cousas.
Saúde".
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (4): Lóente os
pobos, oh Deus, lóente os pobos todos.
Ou: Aleluia.
Deus teña piedade de nós e nos bendiga,
faga brillar o seu rostro sobre nós.
Que se coñeza na terra o teu camiño,
en todas as nacións a túa salvación.
Alégrense e canten as nacións,
porque xulgar os pobos rectamente
e na terra gobernar as nacións.
Lóente os pobos, oh Deus,
lóente os pobos todos.
Que nos bendiga Deus e que o teman
os confíns todos do mundo.
Segunda Lectura Ap
21, 10-14. 22-23
LECTURA DO LIBRO DA APOCALIPSE
Mostroume a santa cidade que descendía do ceo
O anxo
levoume en espírito á cima dun monte moi grande e alto e amosoume a cidade
santa, Xerusalén, que baixaba do ceo de onda Deus; tiña a gloria do mesmo Deus.
O seu resplandor imitaba o dunha pedra preciosa, unha pedra cristalina de
xaspe.
Tiña unha
muralla grande e alta con doce portas de entrada; e enriba das portas doce
anxos; e escritos nelas os seus nomes, que son os das doce tribos de Israel:
tres portas polo Nacente, tres portas polo Norte, tres portas polo Mediodía e
tres portas polo Poñente. A muralla da cidade tiña doce alicerces e sobre os
alicerces, doce nomes, que son os dos doce Apóstolos do Año.
Nela non
vin santuario ningún, porque o seu santuario é o Señor Deus, que todo o sostén,
e mais o Año. A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a
gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 14, 23
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
e o meu Pai amarao e viremos a el.
Aleluia.
Evanxeo Xn 14,
23-29
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O Espírito Santo recordaravos todo canto vos dixen
Naquel
tempo díxolles Xesús aos seus discípulos:
‑ Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos
onda el, e faremos vida con el. O que non me ama, non garda as miñas palabras;
e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.
Díxenvos
estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que
meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto
eu vos dixen.
Déixovos a
paz, douvos a miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá.
Non vos
angustiedes, nin teñades medo. Oístes que vos dixen "voume e logo volvo
onda vós".
Se me
amasedes, alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis ca
min.
Díxenvolo
agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario