Primeira Lectura
Xos 5, 9a. 10-12
LECTURA DO LIBRO DE XOSUÉ
O Pobo de Deus celebra a Pascua ao entrar na terra prometida
Naqueles
días, díxolle o Señor a Xosué:
‑ "Hoxe
quiteivos de enriba o oprobio de Exipto".
Os fillos
de Israel acamparon en Guilgal e celebraron a Pascua no décimo cuarto día do
mes, polo serán, nas chairas de Iericó.
No día
seguinte á Pascua, comeron dos produtos do país: bolos ácimos e espigas
torradas, no mesmo día.
E, ao día
seguinte de comeren do froito da terra, cesou o maná, e en adiante xa non houbo
maná para os fillos de Israel: aquel ano comeron do produto da terra de Canaán.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7
R/. (9a): Probade e vede o bo que é o Señor.
Bendigo o Señor en todo instante,
teño sempre na boca a súa loanza.
Eu gloríome no Señor:
que escoiten os humildes e se alegren.
Exaltade comigo o Señor,
loemos xuntos o seu nome.
Eu busquei o Señor, El respondeume,
libroume de todos os temores.
Contempládeo, e quedaredes radiantes,
os vosos rostros non os cubrirá a vergonza.
Este pobre clamou, e o Señor escoitouno,
librouno de todos os apuros.
Segunda Lectura 2
Cor 5, 17-21
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Deus reconciliounos consigo por medio de Cristo
Irmáns:
Quen estea
en Cristo é unha criatura nova: o que era vello, pasou. Velaí unha realidade
nova.
E todo iso
provén de Deus que nos reconciliou consigo por medio de Cristo e nos encomendou
o servizo da reconciliación.
Pois Deus
estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo, non levando conta dos delitos
dos homes e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación. Somos, logo,
embaixadores de Cristo, coma se Deus vos exhortase por medio noso.
Pedímosvolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus. A aquel que non
tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós nos
volvésemos nel xustiza de Deus.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Lc 15, 18
Levantareime e irei onda meu pai e direille:
meu pai, pequei contra o ceo e contra ti.
Evanxeo Lc 15,
1-3. 11-32
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Este teu irmán estaba morto e reviviu

‑ Este acolle os pecadores e come con eles.
Entón
Xesús contoulles esta parábola:
‑ Un home tiña dous fillos. O máis novo díxolle ao pai:
"Papá, dáme a parte da herdanza que me corresponde". El repartiulles
os seus bens. Días despois, este fillo recibiu todo xunto e marchou para un
país remoto, onde malgastou a súa fortuna vivindo coma un perdido.
Despois de
o gastar todo, houbo unha gran fame naquela terra, e empezou a pasar
necesidade. Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a
unha granxa a coidar os porcos. Alí chegou a ter gana de encher o estómago coas
landras que comían os porcos, pero ninguén llas daba.
Recapacitando, pensou: "Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai
teñen pan a fartar, e eu morro coa fame. Si, vou volver á de meu pai e voulle
dicir: Papá, pequei contra o ceo e contra ti; xa non son digno de que me trates
coma un fillo, trátame coma un xornaleiro".
Levantouse
e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu
emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente. O fillo
exclamou: "Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que
me trates coma un fillo".
Pero o pai
díxolles aos seus criados: "Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella;
poñédelle un anel na man e calzado nos pés.
Preparade
un cuxo cebado para comelo e facer unha gran festa. Porque este fillo meu
estaba morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo". E empezou a
festa.
Pero
resulta que o fillo máis vello estaba na leira e cando viña para casa, oíu a música
e mailo baile. Chamou por un criado e preguntoulle que pasaba.
O criado
contestoulle: "Éche que volveu teu irmán, e teu pai mandou matar o cuxo
cebado por recuperalo san e salvo". Entón alporizouse moito, e non quería
entrar.
Pero o
pai, saíndo, intentouno convencer. El díxolle: "Tantos anos como levo
servíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para
troulear cos meus amigos; e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os
teus bens con mulleres de mala vida, e matas o cuxo cebado".
O pai
contestoulle: "Meu fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu, que
menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba
morto e volve á vida, estaba perdido e atopámolo?".
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario