sábado, 9 de febrero de 2013

MANIFESTO MANS UNIDAS 2013


En Manos Unidas, levamos máis de cincuenta anos loitando contra a fame e a pobreza, e contra as inxustizas que as producen, traballando polo progreso dos pobos empobrecidos e o desenvolvemento integral das persoas. Iniciamos agora a Campaña 54 co lema "non" Hai xustiza sen igualdade", centrada na necesidade de "promover a igualdade entre os sexos e o empoderamento da muller". (ODM 3)
  
Con esta Campaña reclamamos o recoñecemento da igual dignidade de todos, homes e mulleres. Queremos crear condicións de igualdade, de dereitos e de acceso aos recursos, nos países máis sufridores da terra. Este é o camiño necesario para alcanzar a xustiza que constrúe un mundo verdadeiramente humano.

PRIMEIRO
A promoción da muller forma parte da propia identidade de Mans Unidas, como organización fundada, integrada e dirixida maioritariamente por mulleres. Ademais, é un dos cinco obxectivos prioritarios no noso traballo. Por iso, financiamos proxectos que dan ás mulleres posibilidades reais de desenvolvemento persoal, familiar e comunitario.

SEGUNDO
Dende a orixe da humanidade, homes e mulleres descubrimos que a verdadeira xustiza se edifica nun contexto de comuñón, de solidariedade e traballo común comprometido coa vida de toda a familia humana.

TERCEIRO
Hoxe, a desigualdade e a discriminación que existen entre os homes e as mulleres contrastan coa orde de xustiza e dereito inscrito no corazón das persoas.
Ao longo de toda a súa vida, a muller está máis exposta que o home a todas as formas de discriminación:

  A pobreza e a fame, provocadas pola falta de acceso aos recursos e ao mercado laboral, a pesar de que as mulleres producen entre o 60% e o 80% dos alimentos nos países en desenvolvemento.

 O analfabetismo, que alcanza a máis de 500 millóns de mulleres.

  As enfermidades e as carencias de atención durante a xestación e o parto, que causan a morte de 358.000 mulleres ao ano.

  O abuso en todas as súas formas: violación, tortura, maltrato físico e emocional, escravitude sexual, prostitución, selección sexual prenatal, aborto, mutilación xenital, esterilización e maternidade forzadas.

Non obstante, nos países do Sur, as mulleres son protagonistas de numerosas iniciativas de desenvolvemento persoal, familiar e comunitario. Cando as mulleres se organizan en asociacións e cooperativas, recuperan a súa autoestima e a súa posición no progreso, defendendo os seus dereitos, os das súas familias e das súas comunidades.

CUARTO
A promoción da igualdade debe ter en conta a especificidade de homes e mulleres, recoñecendo a orixinalidade de cada un deles e a súa propia creatividade para xerar un desenvolvemento humano integral e solidario, e non pode ser concibida como un movemento de loita entre os sexos, ou unha batalla só das mulleres. É unha tarefa moito máis profunda, que require o cambio do corazón.
  
 En Manos Unidas cremos que, acabar coas discriminacións que sofren as mulleres, esixe compromiso de todos por crear relacións baseadas na xustiza, por tanto:

  Esiximos á comunidade internacional que colabore coa promoción dunha xustiza que sexa verdadeiramente reparadora, que sande os danos xerados polos comportamentos inxustos dos poderes públicos, das persoas ou da sociedade.

  Esiximos aos axentes económicos xustiza na distribución dos rendementos do traballo, retribuíndo a cada un pola actividade realizada, en función da valía e a competencias, non en función do sexo.

  Reclamamos ás administracións públicas españolas que promovan a cooperación cos países máis pobres, canalizando con eficacia as expresións de solidariedade da sociedade española.

  Pedimos aos gobernos que promovan unha xustiza que atenda os dereitos e necesidades básicas de cada un, acabando con todo o que impide o libre exercicio dos dereitos fundamentais, e abrindo cauces de participación na vida política ás mulleres.

  Esiximos aos gobernos que non limiten a inversión en medios educativos que fomenten a igualdade de oportunidades para os nenos e nenas.

  Reclamamos á sociedade civil que defenda o papel da familia, como xermolo da vida e fonte de relacións solidarias.

  Pedimos á sociedade española un compromiso firme e xeneroso polo desenvolvemento integral de todas as persoas e de todos os pobos, para que o mundo camiñe cara á verdadeira xustiza e igualdade entre homes e mulleres.

NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario