II DOMINGO DE CORESMA. CICLO C
Primeira Lectura
Xen 15, 5-12. 17-18
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Deus establece alianza co fiel Abrahán
Naqueles
días, Deus levou fóra a Abrahán e prometeulle:
‑ "Olla cara ao ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás
de descendentes". Abrahán creu ao Señor, que llo tivo en conta para a
xustificación.
Despois
díxolle o Señor:
‑ "Eu
son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta
terra".
Abrahán
preguntou:
‑ "Señor e dono meu, como saberei que será miña?"
O Señor
respondeu:
‑ "Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos
eles de tres anos, e mais unha rula e unha pomba".
Abrahán
trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra;
pero as aves non as partiu. Os voitres descendían á carnada, e Abrahán
espantábaos.
Cando o
sol estaba para se pór, apoderouse de Abrahán un sono profundo e invadiuno unha
escura ansiedade.
Cando se
puxo o sol e se fixo noite pecha, Abrahán viu pasar entre os membros dos
animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume.
Aquel día
fixo o Señor con Abrahán esta alianza:
‑ "Ós teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de
Exipto ata o gran río Éufrates,
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 26, 1. 7-8. 9abc. 13-14
R/. (1a): O Señor é a miña luz e salvación.
O Señor é a miña luz e salvación,
a quen hei temer?
O Señor é a protección da miña vida,
diante de quen hei tremer?
Escoita, Señor, a miña voz, que estou clamando,
ten misericordia de min, respóndeme.
O meu corazón dixo de ti:
"Buscade o meu rostro".
O teu rostro eu busco, Señor.
Non afastes de min o teu rostro.
Non rexeites con ira o teu servo,
Ti es a miña axuda.
Eu espero gozar da bondade do Señor
na terra da vida.
Espera no Señor, procede coma un valente,
ten corazón forte, espera no Señor.
Segunda Lectura
Flp 3, 17 -- 4, 1
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS FILIPENSES
Cristo hanos configurar co seu corpo glorioso
Irmáns:
Seguide
todos o meu exemplo e reparade nos que camiñan conforme o modelo que tedes de
nós. É que moitos ‑ dos que xa vos teño falado e
agora falo a chorar ‑ pórtanse coma inimigos da cruz de
Cristo. Esa xente vai acabar na perdición; o Deus dela é o seu bandullo; a súa
gabanza está na vergonza: xente que só se interesa polas cousas terreais.
Pero a
nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un salvador, Xesús Cristo, o
Señor. El ha transformar o noso pobre corpo, configurándoo ao corpo da súa
condición gloriosa, de acordo coa súa virtualidade para sometelo e para someter
a si mesmo todas as cousas.
Polo
tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto saudades, miña alegría e
coroa, seguide así firmes no Señor, queridiños!
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO
Oíuse a voz do Pai, que dicía desde a resplandecente nube:
Este é o meu Fillo benquerido: escoitádeo.
Evanxeo Lc 9,
28b-36
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Transfigurouse o seu rostro mentres oraba

De súpeto
apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e mais Elías. Tiñan un
aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en Xerusalén. Pedro e
mailos outros caían co sono, pero, manténdose espertos, contemplaron a súa
gloria e os dous homes que o acompañaban. Cando eles se arredaban, díxolle
Pedro a Xesús:
‑ Mestre, que ben que esteamos nós aquí! Queres que vos fagamos tres
tendas, unha para ti, outra para Moisés, e outra para Elías?
Pero non
sabía o que dicía. E mentres falaba, unha nube cubriunos coa súa sombra; eles
quedaron moi asustados ao entraren nela. Entón unha voz dixo desde a nube:
‑ Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo.
Cando a
voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron silencio. E non lle dixeron a
ninguén nada do que viran naqueles días.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario