IV DOMINGO DE ADVENTO, CICLO C
Primeira Lectura Miq 5, 1-4a
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA MIQUEAS
De ti sairá quen domine a Israel
Isto di o Señor:
E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de
Xudá,
de ti vai saír un que será o soberano de Israel;
a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.
El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que
dea a luz;
o resto dos seus irmáns volverá,
e serán devoltos os fillos de Israel.
Manterase firme e pastoreará co poder do Señor,
coa gloria do nome do Señor, o seu Deus,
e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a
súa grandeza:
"o da Paz" será o seu nome.
Palabra do Señor R/ Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 79, 2ac e 3b. 15-16. 18-19
R/. (4): Restáuranos,
Deus; que brille o teu rostro e seremos salvos.
Escoita, pastor de Israel,
que guías o rabaño de Xosé;
ti que sentas sobre os querubíns,
esperta o teu poder e ven salvarnos.
Vólvete, Deus dos exércitos,
olla desde o ceo e fíxate,
ven visita túa viña,
a videira que plantaches coa túa man,
o bacelo que ti fortaleciches.
Que a túa man protexa o teu elixido,
o home que ti fortaleciches.
Non nos afastaremos máis de ti;
dános vida de novo, e invocaremos o teu nome.
Segunda Lectura
Hebr 10, 5-10
LECTURA DA CARTA AOS
HEBREOS
Velaquí veño para face túa vontade
Irmáns:
Cando Cristo entra no mundo, di:
"Sacrificio e ofrenda non os quixeches,
pero formáchesme un corpo;
os holocaustos e os sacrificios de expiación
non che gustaron; entón dixen:
Velaquí que vin, meu Deus,
para face túa vontade
Di no comezo:
"Sacrificios, ofrendas, holocaustos e víctimas de
expiación, nin os quixeches nin che gustaron" (todos eles ofrécense
segundo a Lei); e di despois: "Velaquí que vin para face túa
vontade".
Desbota o primeiro para afirmar o segundo. E por esta
vontade de Deus quedamos santificados dunha vez por todas coa ofrenda do corpo
de Xesús Cristo.
Palabra do
Señor R/ Grazas a Deus
ALELUIA Lc 1, 38
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Velaquí a escrava do Señor,
cúmprase en min o que dixeches.
Aleluia.
Evanxeo
Lc 1, 39-45
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor?
Naqueles mesmos días, saíu María con moita présa camiño da
montaña, a unha cidade de Xudá. Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. E
en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre, e Isabel quedou
chea de Espírito Santo e exclamou a grandes voces:
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario