sábado, 14 de enero de 2017

LECTIO

Domingo II T. O.
(Ano A: 15. I. 2017)

            Seguen a resoar no evanxeo de hoxe temas temas e experiencias de lecturas de días anteriores, do tempo de Nadal.
            Así, despois da Segunda Lectura, dise ou cántase: “Aleluia, aleluia. A Palabra fíxose carne e habitou entre nós; a cantos a recibiron deulles o poder de seren fillos de Deus. Aleluia”.  De novo a gran nova de que se “recibimos” a Palabra de Deus “feita carne”, somos por esa recepción, por esa fe na Encarnación de Deus, nada máis e nada menos que “fillos de Deus”. Con todo o que iso leva consigo: dignidade “divina” de cada un de nós e de tódalas persoas e mais destino de tódolos seres humanos a un vivir,  máis alá da nosa morte individual, en familiaridade eterna con Deus e con toda a humanidade glorificada. Conforme a esa nosa dignidade de sermos “fillos de Deus” e pertencentes polo tanto á familia de Deus como inmerecido don de Deus mesmo.
            Volve tamén Xoán Bautista a estar connosco no Evanxeo, dando testemuño dese Xesús misterioso que, en compaña de pecadores e xentes sinxelas e abertas á misericordia e ó perdón, se achegan a seren bautizadas por Xoán. O testemuño de Xoán acerca de Xesús segue a ser importante para nós e para o noso tempo. Xoán, con ser el grande (“o meirande dos nados de muller”, tal como dicía del o mesmo Xesús), dá testemuño da superior grandeza de Xesús cando Xoán nos di sobre o fillo de Xosé e de María: “Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min”.
            A grandeza do “home” Xesús é para Xoán moito maior do que se podería pensar, pois o propio Xesús preséntase no Xordán coma un pecador máis que vén para ser bautizado e congraciado con Deus por medio do Bautista. Por iso Xoán proclama de maneira solemne: “Eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus”. Non un fillo máis de Deus, como podemos ser e somos de feito todos nós en canto fillos tamén de Deus pola súa graza. Non. Xesús é proclamado por Xoán como “o Fillo”, o Fillo único do Pai Deus, igual có Pai en eternidade, en poder ou en bondade.
            Mais Xoán experimenta, ve e proclama tamén o “home” Xesús como asociado non só co Pai (en canto “Fillo” del), senón tamén co “Espírito”, co “Espírito Santo”, esa segunda persoa da Santísima Trindade coa que sería ben bo que falásemos de xeito familiar e frecuente nas nosas oracións. Pois o Espírito Santo –se é que podemos expresarnos deste modo- vén ser algo así como o corazón mesmo dese noso Deus trinitario, que é Pai, Fillo e Espírito.
            Xoán dános claro testemuño desta asociación, desta unión de Xesús non só co Pai, senón tamén co Espírito Santo: “Eu vin o Espírito –dinos o Bautista- baixar do ceo como unha pomba e pousar enriba del”.
            Dáse aquí tamén outra asociación máis e moi importante para nós, aínda que poida quedar un pouco agachada no relato do evanxeo. Na escena que aparece directamente ante nós, o Pai, o Fillo e o Espírito amósanse conxuntamente, en unión, en comuñón. Mais cómpre non esquecer que Xesús está en compaña doutros, as demais persoas que escoitan a Xoán e desexan ser bautizados por el. Xesús aparece como “un de tantos”. Tal como o proclamaba Paulo, na carta ós Filipenses, cando lles dicía ós destinatarios da súa carta que “Xesús se despoxou do seu rango e tomou a condición de escravo, pasando por un de tantos”. Resulta, pois, deste xeito que a Santísima Trindade en pleno, o Deus trino e un, o Deus Pai, Fillo e Espírito, está unido a todos nós, a toda a humanidade, grazas á humanidade de Xesús.
            E podemos aínda engadir algo máis. Resulta tamén que o Deus único, que é Pai, Fillo e Espírito, aparece aquí unido, asociado, con toda a creación, simbolizada e presente nas augas do Xordán, onde se mergulla Xesús polo bautismo de inmersión que practicaba Xoán.
            Este Xoán, o Bautista, ten aínda unha indicación máis, e preciosa, sobre quen é Xesús. De si mesmo dicía o Bautista que el bautizaba “con auga”, mergullando os que se achegaban a el na auga do Xordán. “Eu bautizo con auga”, dinos Xoán. Pero dirá, en cambio, sobre Xesús: “El é o que bautiza con Espírito Santo”.
            O que quere dicir: Xesús é quen nos “mergulla” no “Espírito Santo”, é dicir, no Deus como bondade, tenrura e forza que o pode todo e que está máis alá de calquera rito formal concreto. De modo que estamos así, grazas a Xesús, verdadeiramente “mergullados” en Deus, que é a nosa casa, a nosa felicidade, o noso poder. Ceibes polo tanto de calquera medo, anguria ou poder que nos poida ameazar.
            Unha vez máis, teremos que agradecer na nosa Eucaristía (que significa “acción de grazas”) ó noso Deus a súa grandeza e a súa bondade: El está sempre connosco, en Xesús, El é o “Emmanuel”, o “Deus connosco”.
            Vivamos, pois, e axudémonos uns a outros a vivir conforme a esta realidade misteriosa na que cremos: a de sermos fillos dun mesmo Pai, irmáns entre todos e en íntima unión co Espírito Santo, no que todos por graza de Deus estamos mergullados.
            Para rematar. Non podemos deixar de facer alusión á “Xornada Mundial das Migracións”, da que hoxe fai lembranza a Igrexa en todo o mundo. As migracións, os inmigrantes ou emigrantes dun país a outro, dunha cultura ou lingua a outras diferentes son feitos que están aí diante de nós. A situación política e social de Galicia desde o comezo da época moderna fixo da nosa terra durante séculos un país de emigrantes. Incluso agora, dada a persistente e difícil situación económica, volve de novo entre nós a emigración. Como cristiáns temos que estar atentos a estas situacións. Ós que veñen onda nós e é ós que teñen que irse. Debemos acompañalos coa clara conciencia de que son irmáns nosos debido á nosa común irmandade con Xesús, Fillo de Deus. Todos eles teñen unha dignidade que nós non lles podemos arrebatar en modo algún. Temos que facer que os seus dereitos humanos, culturais, sociais ou económicos sexan respectados, porque a súa dignidade vén de Deus, non de nós. E se Deus quere e respecta esa dignidade súa, non podemos nós comportarnos doutra maneira. Ben atentos así a aquilo que se nos conta nos Feitos dos Apóstolos sobre a sorpresa do apóstolo Pedro ó se decatar de que, tal como alí se nos di, “Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa”.

CREDO        

ORACIÓN DOS FIEIS
            Deus Pai de todos, presentámosche as nosas oracións, por medio de Xesús, irmán noso, en unión co Espírito Santo que nos convida a presentarchas, dicindo: Escóitanos, Pai.
Todos: Escóitanos, Pai.
-          Fortalece a nosa fe en Ti, Pai, no teu Fillo Xesús, e no Espírito Santo.
TODOS: Escóitanos, Pai.
-          Fai que todos nos sintamos unidos coa creación enteira e a saibamos respectar e amar.
TODOS: Escóitanos, Pai.
-          Dános un corazón aberto e misericordioso cos inmigrantes, aprendendo a velos como irmáns nosos e fillos teus.
TODOS: Escóitanos, Pai.

Pedímoscho, Pai, por Xesús Cristo Noso Señor. AMÉN.

                                                                            


      Manuel Cabada Castro

sábado, 7 de enero de 2017

O BAUTISMO DO SEÑOR


(Ano A: 8 de xaneiro 2017)

            Polo menos os máis maiores de nós recibimos o bautismo cando eramos moi pequenos. Os nosos pais ou padriños leváronnos no colo á fonte bautismal e as augas do sacramento recibido, sen sermos conscientes do que alí pasaba, transformáronnos oficialmente en cristiáns e uníronnos ó corpo místico de Cristo, á súa Igrexa. Isto é, máis ou menos, o que limos ou temos escoitado sobre o que nos ocorreu entón. En calquera caso, trátase dun rito. Mais o importante é o que se agacha no rito. Se, andando o tempo, non asumimos persoalmente o que o rito significaba, de pouco nos valeu o rito. Porque o bautismo debería ser en realidade unha fonda transformación, un mergullarse nas augas purificadoras de Deus, para deixármonos levar pola súa claridade, o seu frescor, o seu poder vivificador.
            En calquera caso, a Xesús non o bautizaron sendo neno. Ou se queredes, si, recibiu un modo especial de bautismo sendo un neno. Ese bautismo –poderiamos dicir- foi o de nacer pobre e entre pobres, aínda que moi rico nun grande amor: o que seus pais, Xosé e María, lle deron. A natureza, as persoas marxinadas, plantas e animais convertéronse na súa primeira auga bautismal, purificadora e vivificadora. Desde entón, sentiuse Xesús para sempre identificado cos pobres e necesitados. O seu Pai Deus aprendeulle así, desde o máis fondo, que eles eran tamén e de maneira especial irmáns del, de Xesús, e polo tanto irmáns tamén nosos.
            Este que poderiamos chamar, como digo, primeiro bautismo de Xesús recibiu moito máis tarde a súa forma ritual ó ser bautizado polo Bautista, palabra que quere dicir o que somerxe, o “mergullador”. Pois o bautismo era daquela practicado por “inmersión” na auga. Claro que o humilde Bautista non quería realizar ese rito con Xesús, porque –como ben pensaba- era máis ben o propio Xoán Bautista quen se debería deixar bautizar por el.
            Como vedes, o bautismo do Señor foi moi distinto do noso infantil bautismo. Se nós eramos entón infantes inconscientes, Xesús era xa un mozo adulto, que se estaba a abrir paso na vida. No seu caso foi, pois, un acto moi consciente e persoal. Xesús sentiríase atraído, como tamén outros compañeiros ou coñecidos seus, pola figura, o comportamento e as palabras do Bautista que chamaba á conversión e a preocuparse por facer o ben desde o seu propio e persoal testemuño de vida. Moito do atractivo do Bautista consistía en que aquilo que predicaba ou proclamaba o estaba a levar á práctica na súa propia vida. Pois el era unha persoa consecuente coa experiencia que sentía de Deus no seu interior, por limitada que fose esa experiencia súa, a de Xoán Bautista, se a comparamos coa de Xesús.
            Pola súa parte, Xesús percibía en si mesmo unha moi fonda e misteriosa experiencia de sentirse querido por Deus, por un Deus que se lle manifestaba a el como o seu paiciño querido. Xesús falaba con absoluta confianza co seu Pai Deus, que o quería a el, a Xesús, infinitamente. Mateo dinos que, tras ser bautizado, “se oíu desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto”.
            Non deixa de ser curioso e sorprendente. Xesús déixase bautizar por Xoán. Mais o que se produce en Xesús tras este bautismo é algo moi diferente do que ocorría co bautismo de Xoán. Os entendidos dinnos que Xoán Bautista centraba toda a súa predicación e a súa práctica relixiosa no pecado, convidando e intimando os  pecadores á conversión, pero, a diferenza de Xesús, Xoán non tiña xestos de compaixón, de misericordia ou de bondade coa xente. Xoán Bautista non se preocupaba dos enfermos, dos nenos, dos leprosos, dos marxinados ou marxinadas. Habitaba no deserto. Xesús, en cambio, percorrerá toda Galilea, achegándose ós lugares onde estaba a xente, curando, consolando, facendo ben a todos.
            Aparentemente, Xesús era un máis dos que se achegaban ó Bautista para se deixar interpelar por el. Neste sentido, podemos dicir que Xesús estaba tan unido ó seu Pai Deus coma ó seu pobo, á súa relixión, á súa cultura, á súa lingua, ós seus costumes. Mais no interior de Xesús ardía tamén un lume divino e espiritual que el quería que servise para dar luz e calor a todos. Era o lume interior que procedía de se sentir Fillo “benquerido” de Deus e irmán de tódalas persoas do mundo enteiro. Era a luz e a calor que el quería esparexer entre todos. A luz e a calor de sermos e sentírmonos todos fillos de Deus e irmáns uns dos outros.
            Esta unión e intimidade de Xesús con Deus-Pai e con toda a humanidade foi a que fixo que o seu achegamento ó Bautista non fose máis có comezo da súa propia misión “evanxelizadora”, é dicir, anunciadora de boas ou alegres noticias. Aquilo que o papa Francisco concentrou na súa primeira encíclica, que leva como título “A alegría do Evanxeo”. Xesús cumpre, pois, ó ser bautizado polo Bautista, cun rito relixioso, pero non para ficar fixado nel, petrificado coma quen di, inmóbil e satisfeito co rito cumprido. Non. Xesús, a través deste acto penitencial vaise converter nunha persoa definitivamente libre para se deixar levar, polo Espírito e polo Pai, onde queiran levalo durante o resto da súa complicada vida.
            En certo modo, no bautismo de Xesús ten o Bautista unha función moi secundaria. O protagonista da interna transformación operada en Xesús é Deus mesmo, o Deus Pai de Xesús e o seu Espírito, que se pousa sobre a cabeza de Xesús, como nos di Mateo, coma unha pomba. Por iso, Xesús non se converte, como era o seu bautizador Xoán, nun ardente fustriga
dor do pecado, senón, polo contrario, nun anunciador da alegría do evanxeo. Todo isto grazas a que nel, en Xesús, habitan felices e contentos o Deus Pai, que o “quere ben”, e o Deus Espírito amoroso.
            Mais é aquí onde cómpre engadir e lembrar algo moi importante. Tamén nós, os que fomos bautizados de nenos, fomos de feito bautizados, tal e como se di na ritual fórmula do bautismo, “no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo”. Agora ben, alí onde están o Pai, o Fillo e o Espírito alí está o Deus Pai de todos, que nos converte por medio do seu Espírito en fillos seus e irmáns de Xesús e de tódolos seres humanos.
            A festividade do Bautismo de Xesús é así un convite formal a todos nós a lembrarmos e a profundarmos no acontecemento do noso propio bautismo.

CREDO

ORACIÓN DOS FIEIS:
            Pidámoslle a Deus Pai que faga descender sobre nós e sobre tódalas persoas do mundo a experiencia de sentírmonos irmáns e fillos dun mesmo Pai, dicindo:
ESCÓITANOS, Pai.
            - Dános, Pai, unha fe fonda na divindade e humanidade do teu fillo Xesús.
Todos: ESCÓITANOS, Pai.
            -Concédenos, Pai, sentirmos a presenza en nós do teu Espírito Santo, no que fomos mergullados no noso bautismo.
Todos: ESCÓITANOS, Pai.
            - Fai, Pai, que medre en nós a fe en ti, como dador de todo ben, de todo sentimento filial e de toda liberdade.
Todos: ESCÓITANOS, Pai.

Pedímoscho, Pai, por Xesús Cristo, Señor e irmán noso, e en unión co Espírito Santo. AMÉN.                                                                                          


Manuel Cabada Castro

miércoles, 4 de enero de 2017

DÍA DE REIS (EPIFANÍA DO SEÑOR)


Evanxeo: Mt 2, 1-12

  • COMENTARIO:


Igual algúns lectores ou lectoras estarán dubidando: pero, será certa esta historia dos Magos, da estrela, de Herodes? Non soa un pouco a fantasía, a lenda, a conto piadoso? E igual haxa tamén alguén que se alporice vendo que outros/as dubidan, e pensará que, se non cremos que esta historia sexa certa, xa non cremos na Biblia, en Xesús, en nada. Calma, calma! Estamos lendo un pedaciño do relato da infancia do evanxelista Mateu. E xa dixemos outro día que os
relatos da infancia de Lucas e Mateu máis ca relatos históricos, son coma unha proxección cara atrás, cara á infancia de Xesús, do que as primeiras comunidades cristiás crían acerca de Xesús, acerca dos conflitos que suscitaba o seu estilo de vida, e acerca das maneiras máis apropiadas de ser un bo seguidor, unha boa seguidora del. Isto é o importante destes relatos, isto é o que os evanxelistas nos quixeron transmitir, e isto, e non outra cousa, é o que se nos ofrece para crer e vivir.

O evanxelista Mateu nun relato precioso dramatiza, logo, a acollida ou o rexeite que as diferentes persoas lle podemos ofrecer a Xesús e ao que el nos propón. Cóntanos cousas do pasado, de máis ou menos lenda, pero para que no presente nós nos preguntemos sobre a acollida que lle estamos dando. Isto é o que nos debe preocupar ás persoas crentes, á comunidade cristiá da que participamos. Vexamos, logo, algo máis ao detalle que se nos ofrece para a nosa consideración.


Os Magos (que segundo o evanxeo non son reis, nin son tres), os Magos son xente amiga do saber, do coñecemento, da cultura da vida; neles o que máis chamaba a atención era o seu desexo por aprender a vivir a vida, a ser persoa, a situarse ben ante os acontecementos sociais, políticos que acontecían; por iso saen do seu país, bótanse aos camiños na procura de quen os poida orientar, axudar na súa busca, van a Xerusalén, preguntan, infórmanse, e, cando reciben información, deseguida se poñen en camiño para achegarse á verdade das cousas, para abrirlle o corazón, para adorar esa verdade, para obsequiala co mellor que eles levaban consigo, a súa condición de buscadores. O resultado é un grande gozo, unha grande alegría, e a satisfacción de poder volver para a súa terra, para a súa vida, enriquecidos polo coñecemento de Xesús, fortalecidos polo recordo da súa presenza salvadora. Parece un conto, pero canta sabedoría encerra esta historia! E a canto nos provoca: somos nós así, xente con desexo de coñecemento, de acertar na vida; xente amiga de xuntarnos, de preguntarnos, de aprender, de compartir sabedoría, experiencias, camiños? Non deberían ser as nosas comunidades cristiás lugares especialmente ricos neste tipo de cousas? Estao sendo a nosa comunidade? Por que si? Por que non?

Herodes, en cambio, representa o imperio romano, o poder, o poder en calquera das súas formas, o poder político, económico, o poder social, cultural,... O poder sempre estivo en conflito con Xesús; non cadraban, porque Xesús entendía a vida coma exercicio do servizo, non como exercicio do poder, que case sempre acaba en corrupción, en abuso. O poder que non se preocupa da información, ao revés, preocúpase de ocultala, de apagala, de matala. O poder, onte coma hoxe, tapa a boca de quen se revela contra as súas inxustizas, contra os seus abusos. Non é algo así, por exemplo, a nova lei de orde público que sacaron os nosos políticos?


O poder ten recursos para ter información, e infórmase preguntando ao poder relixioso (os sacerdotes e entendidos), pero nin a uns nin a outros lles interesa nada a verdade. Uns (sacerdotes e entendidos) teñen información, pero non se moven, quédanse no seo da manta, como tantas veces fan, facemos, aínda hoxe os que falamos e falamos manifestando saber o demo de cousas sobre todo. Outros, Herodes, teñen información, móvense, pero fano con malicia, non para aprender a verdade para a vida, senón para matar a verdade para a vida. O poder teme, engana, minte, simula, pero no fondo o que quere é acabar de todas as maneiras con quen se revolva contra os seus abusos. O seu final é a rabia, o odio, a destrución das súas propias persoas e a destrución da xente que ten a desgraza de caer nas súas mans.

O evanxeo de Mateu lánzanos unha mensaxe positiva: o poder acaba derrotado. Cústanos crer nesa mensaxe, cando vemos como o poder, onte coma hoxe, parece que o goberna todo, que o controla toda, que xoga coas persoas, cos nosos postos de traballo, cos nosos soldos, coa nosa saúde, coas nosas pensións, co noso presente, co noso futuro. Aquí está a aposta cristiá: naquel neno pequeno, rodeado da súa nai, do seu pai, está o contrapoder, está a alternativa, está o futuro. Nel, e no seu estilo de vida. Cremos isto? Apegámonos a isto? Empeñámonos nisto?

Cada Eucaristía é coma o momento de adoración dos Magos: lembramos o nacemento, a vida, a morte, a resurrección de Xesús, facémolo con grande agradecemento, e motivámonos para vincular as nosas vidas polos camiños do servizo, arredándonos do poder.

  • PRECES:


COS MAGOS PROSTRÉMONOS DIANTE DO NOSO SEÑOR

Para lle ofrecer o noso agradecemento por ter nacido entre nós e por acompañarnos na vida. Oremos.
Para lle ofrecer a nosa disposición a atender a xente débil, empezando polos nenos e nenas ignoradas ou que sofren abuso entre nós e no mundo enteiro. Oremos.
Para lle confiar a nosa desconfianza ante a xente de poder e de cartos, á hora de traballar por unha Galicia, por un mundo mellor. Oremos.
Para lle entregar a nosa humilde vontade de colaborar para facer da nosa parroquia unha comunidade cristiá viva e ben animada polo Espírito do Neno de Belén. Oremos.
Para obsequialo coa nosa alegría, para lle confiar as nosas penas, para nos deixar coller pola súa humildade e pola súa fortaleza. Oremos.

  • PREGARIA:


Todo é cuestión, Señor, dunha estrela
que unha mañá calquera alumea o noso corazón,
espertando dúbidas e preguntas,
botándonos a andar polos camiños da vida
para buscar a sabedoría simple
que nos leve a saber vivir con alegría.

Todo é cuestión de ser fiel a esa estrela,
de seguir a súa luz débil ou potente,
arriscándonos, sen medo, confiados,
sabéndonos impulsadas por unha forza maior
que nos chama á verdade, á paz, á vida.


Todo é cuestión, Señor, dunha estrela
que nos ensine a esquivar as trampas e tentacións do poder,
a descubrir a inmensa alegría da fraternidade,
ata prostrarnos ante un neno nacido de pouco,
bicando e adorando a Deus en toda debilidade.

Todo é cuestión de deixarnos levar pola estrela,
para comprender a verdade da vida,
o misterio sinxelo e fondo das cousas miúdas que a compoñen,
e saír fortalecidos/as para un maior servizo
coa forte calor da debilidade enchéndonos o corpo.

Todo é cuestión, Señor, dunha estrela,
do teu querer de acendela
da grande alegría que hai nela,
e de deixarnos guiar nós por ela.

Signo:

  • Unha estrela na noite.
  • Algunhas imaxe de poder político, financeiro, relixioso.
  • Un neno ou nena nacido de pouco.
  • Unha imaxe de debilidade que nos chame á adoración e ao servizo.

miércoles, 28 de diciembre de 2016

OS SANTOS INOCENTES

É imposible establecer o día ou o ano da morte dos Santos Inocentes, xa que a cronoloxía do nacemento de Cristo e os acontecementos bíblicos subseguintes son moi incertos. Todo o que sabemos é que os infantes foron asasinados dentro dos dous anos despois da aparición da estrela aos Sabios de Oriente (Belser, no Tübingen "Quartalschrift", 1890, p.361). A Igrexa venera a eses nenos como mártires (flores martyrum); constitúen os primeiros gromos da Igrexa mortos polo xeo da persecución; non só morreron por Cristo, senón no seu lugar (Agustín, "Sermo 10us de sanctis"). (...)

A Igrexa Latina instituíu a festa dos Santos Inocentes en data descoñecida, non antes do final do século IV e non despois do final do século V. Xunto coas festas de San Estevo e San Xoán, achouse por primeira vez no o Sacramentario Leonino, datado ao redor de 485. (...)

Os latinos gardaban esta festa o 28 de decembro, os gregos o 29 de decembro, os sirios e caldeos o 27 de decembro. Estas datas non teñen nada que ver coa orde cronolóxica do acontecemento; a festa celébrase dentro da oitava de Nadal porque os Santos Inocentes deron a súa vida polo Salvador recentemente nado. Estevo, o primeiro mártir (mártir por vontade, amor e sangue), Xoán, o discípulo amado (mártir por vontade e amor), e estas primeiras flores da Igrexa (mártires por sangue soamente) acompañan ao Santo Neno Xesús cando aparece no mundo o día de Nadal. Unicamente a Igrexa de Roma dá o nome de Inocentes a estes nenos; noutros países latinos chámaselles simplemente Infantes e a festa tiña o título de "Allisio infantium" (...) Os armenios celebraban a festa o luns despois do segundo domingo despois de Pentecoste (Menologio Armenio, 11 de maio), porque cren que os Santos Inocentes foron masacrados quince semanas despois do nacemento de Cristo.

(...) En Belén é día de precepto. A cor litúrxica da Igrexa Romana é o violeta, non vermello, porque estes nenos foron martirizados nun tempo en que non podían alcanzar a visión beatífica. Pero, por compaixón, por así dicilo, cara ás nais llorosas de Belén, a Igrexa omite na Misa tanto a Gloria como o Aleluia; este costume, con todo, era descoñecida nas Igrexas de Francia e Alemaña. Na oitava, e tamén cando a festa cae en domingo, a liturxia romana prescribe a cor vermella, a Gloria e o Aleluia. En Inglaterra a festa chámase "Childermas" (Misa do Día dos Inocentes).

A Estación Romana do 28 de decembro é en San Paulo Extramuros, porque se cre que esa igrexa posúe os corpos de varios dos Santos Inocentes. O Papa San Sixto V trasladou unha parte destas reliquias a Santa Maria a Maior (festa o 5 de maio; semidoble). A igrexa de Santa Xustina en Padua, as catedrais de Lisboa e Milán, e outras igrexas tamén conservan corpos que aseguran ser dalgúns dos Santos Inocentes. En moitas igrexas de Inglaterra, Alemaña e Francia na festa de San Nicolás (6 de decembro) elixíase a un neno-bispo, quen oficiaba na festa de San Nicolás e dos Santos Inocentes. Usaba mitra e outras insignias pontificales, cantaba a colecta, predicaba, e daba a bendición. sentaba na cadeira do bispo mentres que o coro de nenos cantaba nos bancos dos cóengos. Eles dirixían o coro en ambos os días e tiñan unha procesión solemne (Schmidt, "Thesaurus jur eccl.", III, 67 e sig.; Kirchenlex., IV, 1400; P.L., CXLVII, 135).



 http://ec.aciprensa.com/wiki/Santos_Inocentes

lunes, 26 de diciembre de 2016

SANTO ESTEVO, NOSO PATRÓN

BENEDICTO XVI, 10 enero 2007 (ZENIT.org)

Queridos hermanos y hermanas:

Hoy queremos detenernos en la persona de san Esteban, festejado por la Iglesia el día después de Navidad. San Esteban es el más representativo de un grupo de siete compañeros. La tradición ve en este grupo el germen del futuro ministerio de los «diáconos», si bien hay que destacar que esta denominación no está presente en el libro de los «Hechos de los Apóstoles». La importancia de Esteban, en todo caso, queda clara por el hecho de que Lucas, en este importante libro, le dedica dos capítulos enteros.

La narración de Lucas comienza constatando una subdivisión que tenía lugar dentro de la Iglesia primitiva de Jerusalén: estaba formada totalmente por cristianos de origen judío, pero entre éstos algunos eran originarios de la tierra de Israel, y eran llamados «hebreos», mientras que otros procedían de la fe judía en el Antiguo Testamento de la diáspora de lengua griega, y eran llamados «helenistas». De este modo, comenzaba a perfilarse el problema: los más necesitados entre los helenistas, especialmente las viudas desprovistas de todo apoyo social, corrían el riesgo de ser descuidadas en la asistencia de su sustento cotidiano. Para superar estas dificultades, los apóstoles, reservándose para sí mismos la oración y el ministerio de la Palabra como su tarea central, decidieron encargar a «a siete hombres, de buena fama, llenos de Espíritu y de sabiduría» para que cumplieran con el encargo de la asistencia (Hechos 6, 2-4), es decir, del servicio social caritativo. Con este objetivo, como escribe Lucas, por invitación de los apóstoles, los discípulos eligieron siete hombres. Tenemos sus nombres. Son: «Esteban, hombre lleno de fe y de Espíritu Santo, Felipe, Prócoro, Nicanor, Timón, Pármenas y Nicolás, prosélito de Antioquia. Los presentaron a los apóstoles y, habiendo hecho oración, les impusieron las manos» (Hechos 6,5-6).

El gesto de la imposición de las manos puede tener varios significados. En el Antiguo Testamento, el gesto tiene sobre todo el significado de transmitir un encargo importante, como hizo Moisés con Josué (Cf. Números 27, 18-23), designando así a su sucesor. Siguiendo esta línea, también la Iglesia de Antioquía utilizará este gesto para enviar a Pablo y Bernabé en misión a los pueblos del mundo (Cf. Hechos 13, 3). A una análoga imposición de las manos sobre Timoteo para transmitir un encargo oficial hacen referencia las dos cartas que San Pablo le dirigió (Cf. 1 Timoteo 4, 14; 2 Timoteo 1, 6). El hecho de que se tratara de una acción importante, que había que realizar después de un discernimiento, se deduce de lo que se lee en la primera carta a Timoteo: «No te precipites en imponer a nadie las manos, no te hagas partícipe de los pecados ajenos» (5, 22). Por tanto, vemos que el gesto de la imposición de las manos se desarrolla en la línea de un signo sacramental. En el caso de Esteban y sus compañeros se trata ciertamente de la transmisión oficial, por parte de los apóstoles, de un encargo y al mismo tiempo de la imploración de una gracia para ejercerlo.

Lo más importante es que, además de los servicios caritativos, Esteban desempeña también una tarea de evangelización entre sus compatriotas, los así llamados «helenistas». Lucas, de hecho, insiste en el hecho de que él, «lleno de gracia y de poder» (Hechos 6, 8), presenta en el nombre de Jesús una nueva interpretación de Moisés y de la misma Ley de Dios, relee el Antiguo Testamento a la luz del anuncio de la muerte y de la resurrección de Jesús. Esta relectura del Antiguo Testamento, relectura cristológica, provoca las reacciones de los judíos que interpretan sus palabras como una blasfemia (Cf. Hechos 6, 11-14). Por este motivo, es condenado a la lapidación. Y san Lucas nos transmite el último discurso del santo, una síntesis de su predicación.

Como Jesús había explicado a los discípulos de Emaús que todo el Antiguo Testamento habla de Él, de su cruz y de su resurrección, de este modo, san Esteban, siguiendo la enseñanza de Jesús, lee todo el Antiguo Testamento en clave cristológica. Demuestra que el misterio de la Cruz se encuentra en el centro de la historia de la salvación narrada en el Antiguo Testamento, muestra realmente que Jesús, el crucificado y resucitado, es el punto de llegada de toda esta historia. Y demuestra, por tanto, que el culto del templo también ha concluido y que Jesús, el resucitado, es el nuevo y auténtico «templo». Precisamente este «no» al templo y a su culto provoca la condena de san Esteban, quien, en ese momento --nos dice san Lucas--, al poner la mirada en el cielo vio la gloria de Dios y a Jesús a su derecha. Y mirando al cielo, a Dios y a Jesús, san Esteban dijo: «Estoy viendo los cielos abiertos y al Hijo del hombre que está en pie a la diestra de Dios» (Hechos 7, 56). Le siguió su martirio, que de hecho se conforma con la pasión del mismo Jesús, pues entrega al «Señor Jesús» su propio espíritu y reza para que el pecado de sus asesinos no les sea tenido en cuenta (Cf. Hechos 7,59-60).

El lugar del martirio de Esteban, en Jerusalén, se sitúa tradicionalmente algo más afuera de la Puerta de Damasco, en el norte, donde ahora se encuentra precisamente la iglesia de Saint- Étienne, junto a la conocida «École Biblique» de los dominicos. Al asesinato de Esteban, primer mártir de Cristo, le siguió una persecución local contra los discípulos de Jesús (Cf. Hechos 8, 1), la primera que se verificó en la historia de la Iglesia. Constituyó la oportunidad concreta que llevó al grupo de cristianos hebreo-helenistas a huir de Jerusalén y a dispersarse. Expulsados de Jerusalén, se transformaron en misioneros itinerantes. «Los que se habían dispersado iban por todas partes anunciando la Buena Nueva de la Palabra» (Hechos 8, 4). La persecución y la consiguiente dispersión se convierten en misión. El Evangelio se propagó de este modo en Samaria, en Fenicia, y en Siria, hasta llegar a la gran ciudad de Antioquía, donde, según Lucas, fue anunciado por primera vez también a los paganos (Cf. Hechos 11, 19-20) y donde resonó por primera vez el nombre de «cristianos» (Hechos 11,26).

En particular, Lucas especifica que los que lapidaron a Esteban «pusieron sus vestidos a los pies de un joven llamado Saulo» (Hechos 7, 58), el mismo que de perseguidor se convertiría en apóstol insigne del Evangelio. Esto significa que el joven Saulo tenía que haber escuchado la predicación de Esteban, y conocer los contenidos principales. Y San Pablo se encontraba con probabilidad entre quienes, siguiendo y escuchando este discurso, «tenían los corazones consumidos de rabia y rechinaban sus dientes contra él» (Hechos 7, 54). Podemos ver así las maravillas de la Providencia divina: Saulo, adversario empedernido de la visión de Esteban, después del encuentro con Cristo resucitado en el camino de Damasco, reanuda la interpretación cristológica del Antiguo Testamento hecha por el primer mártir, la profundiza y completa, y de este modo se convierte en el «apóstol de las gentes». La ley se cumple, enseña él, en la cruz de Cristo. Y la fe en Cristo, la comunión con el amor de Cristo, es el verdadero cumplimiento de toda la Ley. Este es el contenido de la predicación de Pablo. Él demuestra así que el Dios de Abraham se convierte en el Dios de todos. Y todos los creyentes en Cristo Jesús, como hijos de Abraham, se convierten en partícipes de las promesas. En la misión de san Pablo se cumple la visión de Esteban.

La historia de Esteban nos dice mucho. Por ejemplo, nos enseña que no hay que disociar nunca el compromiso social de la caridad del anuncio valiente de la fe. Era uno de los siete que estaban encargados sobre todo de la caridad. Pero no era posible disociar caridad de anuncio. De este modo, con la caridad, anuncia a Cristo crucificado, hasta el punto de aceptar incluso el martirio. Esta es la primera lección que podemos aprender de la figura de san Esteban: caridad y anuncio van siempre juntos.


San Esteban nos habla sobre todo de Cristo, de Cristo crucificado y resucitado como centro de la historia y de nuestra vida. Podemos comprender que la Cruz ocupa siempre un lugar central en la vida de la Iglesia y también en nuestra vida personal. En la historia de la Iglesia no faltará nunca la pasión, la persecución. Y precisamente la persecución se convierte, según la famosa fase de Tertuliano, fuente de misión para los nuevos cristianos. Cito sus palabras: «Nosotros nos multiplicamos cada vez que somos segados por vosotros: la sangre de los cristianos es una semilla» («Apologetico» 50,13: «Plures efficimur quoties metimur a vobis: semen est sanguis christianorum»). Pero también en nuestra vida la cruz, que no faltará nunca, se convierte en bendición. Y aceptando la cruz, sabiendo que se convierte y es bendición, aprendemos la alegría del cristiano, incluso en momentos de dificultad. El valor del testimonio es insustituible, pues el Evangelio lleva hacia él y de él se alimenta la Iglesia. San Esteban nos enseña a aprender estas lecciones, nos enseña a amar la Cruz, pues es el camino por el que Cristo se hace siempre presente de nuevo entre nosotros.

domingo, 25 de diciembre de 2016

NADAL DO SEÑOR.- LECTIO

FESTIVIDADE DO NADAL
(Ano A: 25.XII.2016)

            Hoxe está de aniversario aquel a quen queremos seguir os cristiáns mais tamén calquera persoa de boa vontade que no fondo do seu corazón ama a practica canto amou e practicou Xesús, o Cristo, o Fillo de Deus, que hoxe se fixo irmán noso. Temos, pois, que felicitalo, e agradecerlle a Deus Pai canto o seu Fillo benquerido significa para nós. Pois con el viñemos á vida en certo modo todos nós en canto cristiáns. Xesús cumpre anos, moitos. Aproximadamente, uns 2016 anos, se temos en conta que ó parecer Xesús historicamente naceu máis ou menos uns anos antes do comezo da que chamamos a era cristiá.
            Dicimos felicitalo, pois Xesús segue vivo. Morrer, o que se di morrer, nunca morreu. De modo que segue a vivir. El dicía que era a Vida. ¿Como podería morrer a Vida? Imposíbel. E se segundo as nosas categorías ou o noso modo normal de pensar morreu, en realidade habería que dicir máis ben que o mataron, non que morreu. Morrendo desa maneira. converteuse en vida para sempre, para el e para todos nós. Podemos ver así, na súa verdadeira perspectiva, a nosa vida e a nosa suposta morte. Porque morrer, o que se di morrer, tampouco nós morreremos se é que de verdade nos comportamos nas nosas vidas á semellanza do Neno de Belén.
            Parece que na festa de Nadal non habería que falar de morte ou cousas así, porque xustamente estamos a celebrar a vida, o comezo dunha vida que veu dar vida a todos. E, porén, a liturxia deste día faino, polo menos indirectamente. Cando despois da comuñón desta eucaristía de hoxe recitemos a oración final, chamada pos-comuñón, diremos alí: “Deus de misericordia, o Salvador do mundo, ó nacer hoxe, fíxonos nacer á vida eterna. Que El nos conceda tamén o don da inmortalidade”.
            Isto quere dicir que, co nacemento de Xesús na nosa carne mortal, quedou inoculada para sempre na nosa natureza mortal algo así como a vacina ou o elixir da inmortalidade. Deus, que é Vida (que existiu desde sempre e endexamais deixará de existir), ó poñer con Xesús a súa tenda entre nós, como se nos di no evanxeo de Xoán, ó unirse en Xesús á humanidade toda, fíxonos participar a todos da súa divindade. De modo que polo nacemento de Xesús fomos todos convertidos en pequenos deuses inmortais... Estas son as marabillas de Deus, porque –como lle informaba o anxo da Anunciación  a María- “para Deus non hai imposibles”.
            Claro que isto non é algo así como un automatismo que se realiza sen máis en nós, queirámolo ou non. Pois esta participación na divindade de Xesús, que en Belén se fai hoxe irmán noso e que nos converte en inmortais, é unha angueira de cada día, que terá certamente unha boa fin se nos unimos ó modo de ser e de actuar de Xesús, pedíndollo ó tempo a Deus Pai. De feito, acabamos de pedirllo a El na primeira oración da Eucaristía desta festa de Nadal deste xeito: “Deus, noso Pai, fainos participar na divindade do teu Fillo, que quixo tomar a nosa humanidade”.
            Agora ben, ¿que significa, desde a perspectiva do nacemento de Xesús, iso ó que debemos aspirar e que debemos pedir, a participación na divindade do Fillo de Deus?
            Pois significa algo que en si mesmo non deixa de ser verdadeiramente paradoxal.  Cando Deus se encarna en Xesús, iso quere dicir que temos aí diante, no Neno Xesús, un Deus humanizado. Xesús é home verdadeiro e Deus verdadeiro. En consecuencia, participar na divindade de Xesús é participar nesa divindade humanizada. Iso significa que se queremos ser verdadeiramente divinos (e todos o queremos dunha ou doutra forma), temos que ser verdadeiramente humanos. E, desde logo, semella que non debe de ser moi doado iso de convertérmonos en verdadeiramente humanos cando Deus tivo que se facer el mesmo humano coma calquera de nós para aprendernos así a nós a sermos humanos de verdade.
            Porque sermos verdadeiramente humanos significa sermos próximos ós demais, querer e amar a todos, sobre todo ós que máis precisan dese aprecio e dese amor, romper coas desigualdades e inxustizas de calquera xénero que sexan, sufrir cos que sofren e alegrarse cos que se alegran.
            Todo isto está incluído na mensaxe incríbel e universal do Nadal do Señor.
            ¿E como andan as cousas da nosa sociedade despois de tantos anos da vinda humana e humanizadora de Deus onda nós? Non fai falla darlle moitas voltas ó tema para decatármonos de que queda aínda moito por facer para que os seres humanos nos parezamos de verdade ó Deus humanizado do Nadal no noso comportamento cos demais. As nosas relacións humanas, a saúde da nosa sociedade deben mellorar aínda moito para que se poida dicir que a mensaxe do Nadal chegou xa en nós á súa realización.
            Pois dunha sociedade só se poderá dicir que é verdadeiramente humana cando, á semellanza do que se nos anuncia no Nadal, hai nela fe e ilusión no futuro, porque os nenos (coma o Neno Xesús) son precisamente ese futuro que vai vir. Cando os matrimonios poden ter fe e esperanza no seu futuro e no dos seus fillos. Cando os nenos bulen polas rúas e hai máis rapaces e mozos ca xente coma min ou algúns de vós, xa bastante eivados polos anos. Cando sexan máis os que nacen cós que nos deixan.
            Unha sociedade é verdadeiramente humana, cando hai nela máis alegría, ilusión e traballo ca medo ou angustia por non atopar nela o lugar para se desenvolver como é debido. Cando estranxeiros, emigrantes e pobres son aceptados como irmáns de Xesús e irmáns nosos. Cando todos cantos forman parte dela son respectados nos seus dereitos sociais, culturais, lingüísticos, políticos ou relixiosos. Cando se inverte máis en educación que noutras cousas supostamente máis importantes.
            En fin, unha sociedade é humana e, polo tanto, tamén divina cando se amosa sensíbel e aberta á palabra derradeira que Deus dirixe ó mundo no Neno de Nadal. Cando é capaz de celebrar agradecida esta festa de Nadal. Celebrémola así, pois, agradecidos, sentíndonos unidos á humanidade toda, destinataria desta Palabra. FELIZ NADAL!!!

CREDO

ORACIÓN DOS FIEIS
Agradecémosche, Pai noso, o galano que hoxe nos fas do teu fillo para a salvación e liberación da humanidade, pregándoche que o saibamos aceptar agradecidos nas nosas vidas, dicindo: Pedímoscho, Pai.

 TODOS: PEDÍMOSCHO, PAI.

- Dános, Pai, fe no teu fillo Xesús como derradeira palabra túa de amor ó mundo.
TODOS: PEDÍMOSCHO, PAI.
- Fai, Pai, que tódolos pobos e culturas sexan partícipes da túa mensaxe de salvación e liberación que ti nos ofreces no neno de Belén.
TODOS: PEDÍMOSCHO, PAI.
- Concede, Pai, a cantos se atopan en situación de pobreza e marxinación a graza de se sentir comprendidos e axudados nos seus problemas polos demais.
TODOS: PEDÍMOSCHO, PAI.

Pedímoscho agradecidos, Pai, nesta festividade de Nadal, por Xesús Cristo noso Señor. AMÉN.
                                                                                 


Manuel Cabada Castro

jueves, 15 de diciembre de 2016

LECTIO

DOMINGO IV DE ADVENTO
(Ano A: 18 de Nadal de 2016)

            Un pensador alemán non moi coñecido, que viviu a comezos do século XIX, que se apelidaba Krause, do que procede o chamado krausismo español, ideou un sistema filosófico coñecido como “pan-en-teísmo”, que non é o mesmo que “panteísmo”. Este último, o panteísmo, defendería que todo é Deus. Mais o “pan-en-teísmo” de Krause sostiña, polo contrario, que todo está  en Deus; non que todo sexa Deus.
            En realidade, dicir que todo está en Deus no debería soarnos a algo novo, a cousa recentemente inventada. Trátase dunha idea moi antiga e, desde logo, moi cristiá. Aparece con frecuencia en santo Agostiño e moitos outros importantes pensadores cristiáns, tanto antigos como modernos. Podemos imaxinarnos esta situación como algo semellante ó que lles ocorre ós peixes que, sen dárense de conta, están dentro da auga, que lles fai posible vivir e moverse. Semellante tamén ás pombas ou gaivotas, que sen ser o aire, están no aire e poden vivir e voar porque o aire as envolve e as enche de posibilidades. Os peixes e as aves non son mar nin aire. Pero están no mar e no aire, e participan dalgunha maneira do modo de ser do aire ou do mar.
            Xa nos Feitos dos Apóstolos aparece Paulo formulando algo semellante a isto cando falaba sobre o modo como nos relacionamos todos nós con Deus. Dicía Paulo: “Deus non está lonxe de cada un de nós, porque nel vivimos, nos movemos e estamos”. Algo parecido, como vedes, ó que lles ocorre ás aves e ós peixes en relación co seu aire ou coa súa auga.
          Coido que todo isto ten algo que ver coa primeira Lectura (do profeta Isaías), que resulta moi apropiada para este tempo de preparación para o Nadal de Xesús: “Velaí que a virxe está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome ‘Emmanuel’ (que significa ´Deus connosco’)”.
       O tempo de Advento é un tempo de avivar a conciencia deste estar “deus connosco”, dese achegamento tan grande de Deus a nós, tal como celebramos no Nadal ó mostrársenos el a nos na presenza engaiolante dun neno humano. Por iso, Xesús non é só un ser humano máis, senón o lugar do encontro máis íntimo que se pode imaxinar entre Deus e a humanidade. Encontro tamén con toda a creación, que é a base e o fundamento de todos e cada un de nós. Na aparición entre nós de Xesús concéntranse, pois, divindade e humanidade dunha maneira inconcibíbel e marabillosa. Paulo exprésao á súa maneira na súa carta ós Romanos (na segunda Lectura de hoxe). Xesús Cristo, dinos nela Paulo, “naceu como home da semente de David, pero foi constituído fillo de Deus con pleno poder polo Espírito (Santo) santificador”.
            É dicir, seguindo co símil das aves e dos peixes, Xesús é un ser humano coma todos nós, mais vive dunha maneira especial no “Espírito” de Deus, no aire de Deus. A palabra “espírito”, como ben sabedes,  ten que ver co “aire” que respiramos e que nos dá vida. Para Paulo ese “espírito” é Espírito santo, Espírito “santificador”, Espírito divinizador.
            De modo que en Xesús radica toda a nosa salvación. O mesmo nome de “Xesús” significa, como ben sabedes tamén, “Salvador”, ou máis exactamente, “Yahvé salva”, “Deus salva”. Por que pode salvarnos Xesús e de feito nos quere salvar e nos vai salvar? Pois porque el ten, como Fillo único e benquerido de Deus Pai, todo o poder do Pai e todo o seu amor e porque, ademais, é un máis de nós, igual en todo a nós, absolutamente solidarizado connosco, por marxinada ou pobre que sexa a situación dunha concreta persoa. El é absolutamente próximo a nós, a todos nós, e ten poder infinito para liberarnos de todo mal, incluída a liberación da morte ó concedernos a resurrección para sempre. En resumidas contas, Xesús salva porque é “Emmanuel”, é dicir, porque é “Deus connosco”.
            É o mesmo que se nos di no famoso “Limiar” do evanxeo de Xoán, cando se nos fala alí de Xesús como a “palabra” que Deus Pai dirixe ó mundo, á humanidade toda. É unha palabra divina, pois trátase dunha palabra, segundo se nos explica alí, que “vén de Deus” e que, ademais, ¡marabilla das marabillas!, é “Deus” mesmo, o Deus humanizado. Desta “palabra”, dísenos no evanxeo de Xoán: “A palabra fíxose carne e plantou entre nós a súa tenda”.
            Unha vez máis podemos admirar e loar a grandeza de Deus, o seu marabilloso modo de ser e de se comportar. Deus sae en certo modo do interior de si mesmo, da profundidade e inabarcabilidade da súa divindade para se facer un máis entre nós sen deixar de ser o que desde sempre é: o Deus absolutamente infinito.
            Para Xoán, Xesús é a palabra que Deus dirixe ó mundo. Unha palabra que, liturxicamente, e neste ano dentro de xustamente unha semana (no próximo domingo, día 25), se vai facer carne e presenza agarimosa entre nós. Sen poder aínda falarnos (malia ser a “palabra”!) como unha persoa que sabe xa falar, senón coma un neno, mellor, como un “infante”, é dicir como un “non falante” (pois iso significa “infante”). Mais ben sabemos que os nenos, coa súa soa presenz
a confiada, amorosa e risoña, suscitan amor por si mesmos sen necesidade de palabras. En realidade, eles falan tamén, mais cunha linguaxe chamada “non verbal”, é dicir, non utilizando aínda palabras pertencentes a unha lingua concreta.
            Tamén sabemos moi ben os adultos que os xestos, os comportamentos, as miradas que se dirixen ou non se dirixen a unha persoa determinada, os silencios ou calquera outra actitude coa que nos relacionamos ou non nos relacionamos cos demais, poden falar máis alto, dicir moito máis, có que expresamos ordinariamente coas palabras do dicionario. Por iso a vivencia e presenza mesma de Xesús nacendo coma un marxinado, nunha familia con moi poucos medios, no seo acolledor da natureza, fálanos moito máis clara e convincentemente sobre os temas fundamentais do evanxeo que o máis elevado discurso construído con palabras.
            Deámoslle, pois, grazas a Deus Pai por ternos querido falar de si mesmo por medio do seu Fillo da maneira como el o fixo no xa próximo Nadal.

ORACIÓN DOS FIEIS:
Preguemos a Deus noso Pai, por medio do seu Fillo Xesús, Salvador noso e “Deus connosco”, dicindo todos xuntos:
Señor, escoita a nosa oración.

-         Para que nos preparemos para recibir o Neno Xesús no próximo domingo como “Deus connosco”:
Señor, escoita a nosa oración.
-         Para que saibamos aledarnos coa próxima vinda de Xesús onda nós como “Salvador”:
Señor, escoita a nosa oración.
-         Para que academos sentirnos como verdadeiros irmáns de Xesús e de tódolos homes e mulleres do mundo enteiro:
Señor, escoita a nosa oración.

Deus, noso Pai, dámosche grazas pola xa próxima vinda de Xesús para estar connosco e nos salvar. Por Cristo Noso Señor.
AMÉN.


                                                                                              Manuel Cabada Castro

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Debate Munilla - Iker Jiménez

Iker Jiménez, o coñecido presentador do programa Cuarto Milenio que se emite todos os domingos en horario de máxima audiencia en Catro, está a prodigarse ultimamente en declaracións contra o que el denomina a "corrección política" e non dubidou en lanzar unha clara mensaxe provida desde o seu programa ou encomiar a Cristo e defender o Belén desde o seu videoblog en Youtube.Esta valentía á hora de afastarse do politicamente correcto a pesar dos riscos que iso leva no mundo televisivo e que non teña problemas en falar da transcendencia chamou a atención de moitos católicos que ata agora pensaban que o seu programa estaba máis centrado en fenómenos paranormales polo que pediron a súa opinión respecto diso ao bispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla.

Un debate sobre o misterio e o sobrenatural
O bispo vasco non dubidou en analizar as formulacións de Iker Jiménez a través do seu programa Sexto Continente de Radio María e rapidamente o presentador de Catro contestou a monseñor Munilla a través do seu videoblog producíndose un interesante e respectuoso debate sobre que é o misterio e as diferenzas entre o sobrenatural e o paranormal.
Na súa análise radiofónica, o bispo de San Sebastián fala dun dos editorial que Iker Jiménez fai no seu programa e no que falaba da actitude de moitos cristiáns e tamén eclesiásticos ante o que el chama o "misterio". O presentador de Cuarto Milenio comentaba como moitos sacerdotes non cren no demo e "ata se permiten non crer no misterio" e dicía que a falta de vocacións na Igrexa católica poderíase deber a que é difícil facer crer algo aos demais que un mesmo non termina de crerse.
En primeiro lugar, a Munilla chámalle a atención e en certo xeito alégralle que triunfe un programa "no que se fala da transcendencia, do espiritual, do relixioso". Na súa opinión, "non é verdade que o materialismo teña a última palabra, o home necesita de Deus, da transcendencia e o éxito dun programa como este déixao patente".
Con todo, o prelado aclara que en ocasións o estilo utilizado polo programa é de certo morbo polo ocultismo. Quizá se confunde a procura relixiosa e espiritual coa procura de sensacións que dean medo, ás veces confúndese a procura espiritual co xénero de procura do paranormal, isto está mesturado e confundido.

A "confusión" de Iker Jiménez
E o bispo incide neste punto que pode levar á confusión aos seguidores do programa de Jiménez polo que indica que a crítica que faría ao programa centraríase nesta confusión entre paranormal e sobrenatural, confúndese o misterio co ocultismo, confúndese a auténtica mística cos iluminados.
Na súa análise, conclúe que este erro é no fondo non entender o concepto de Revelación, ten unha procura da transcendencia pero sen partir do dato fundamental e é que Deus se revelou, Deus descubriuse e fíxoo a través de Xesucristo que fundou a Igrexa.
No fondo, engade o relixioso vasco, é unha confusión que ten efectos nocivos na vivencia da relixiosidade. 
"No fondo búscase buscar máis que atopar"
Aínda así destaca que o programa de Iker Jiménez fai unha procura do espiritual aínda que no fondo búscase buscar máis que atopar. E reflexiona que existe o risco de que os consumidores destes programas estean abertos á curiosidade do mistérico pero non queiran atopar, porque se atopan téñense que comprometer e seguir un camiño.
Por iso, Munilla cre que ás veces prevalece máis o desexo de procura que o de encontro cando en realidade o encontro transforma a nosa vida e convértenos en apóstolos daquilo que atopamos.

O merecido "tirón de orellas"
Doutra banda, o bispo guipuscoano non ten ningún problema en recoñecer que a pesar desa confusión Iker Jiménez dixo verdades do barqueiro que deberiamos escoitar, sobre todo as que se refiren a que na Igrexa hai membros que perderon a fe no misterio.
Pon o exemplo do demo engade Munilla-,e é curioso que desde un programa como este interpélesenos con algo que é absolutamente verdade. E o prelado mostra como en ocasións desde a Igrexa ensínase que os milagres realizados por Jesús que recolle o Evanxeo son en realidade un xénero literario e que o importante era o ensino que quería expor o Señor. 
De maneira contundente o bispo fai autocrítica e engade que este home desde un programa deunos un tirón de orellas que temos que recibir con humildade porque é certo que en nosas filas existe moita redución da predicación sobrenatural a unha mera interpretación horizontal ética.

A rápida contestación de Iker Jiménez
Iker Jiménez non tardou en contestar o comentario de monseñor Munilla en Radio María e cun respecto exquisito ha valorado as palabras do bispo pois para el hai moitas formas de enfocar a palabra misterio.
Doulle a razón ao señor bispo, afirma o presentador de televisión referíndose á confusión sobre o termo misterio. Non sei moi ben onde están os límites entre o fenómeno relixioso, o paranormal ou o sobrenatural, agrega. 
Dirixíndose a Munilla confesa que cando saio aí fose e vexo as estrelas vexo unha harmonía moi superior á miña persoa, á miña vida e di crer que existe unha luz e unha escuridade. Eu creo nese misterio, sentenza.

O "fogonazo" que dá sentido a todo
Quen é Deus para vostede e para min, pregunta ademais o presentador de Cuarto Milenio ao bispo de San Sebastián, que conclúe que segurament
e no profundo non haxa tanta diferenza, no accesorio si e afirma que cre que ata o máis materialista e descreído ten que ter ese fogonazo de que todo isto ten que ter certo sentido.
El mesmo conta que tivo ese fogonazo, esa revelación unha vez nunha cova e cando colleu en brazos por primeira vez á súa filla. Afirma que en contraposición ao bispo que ten a súa fe moi clara, el é un buscador, como tantos outros, que non ten as cousas claras e encantaríalle telas.
"Quérennos arrincar a nosa raíz transcendente"
Ademais de crrer en leste misterio, Iker Jiménez afirma que el se atafega co demo ao que ve nesa imaxe de vapor escuro que rodea ao mundo, véxoo na violencia, na brutalización e en como nos queren arrincar a nosa raíz transcendente e eu rebélome.
E asegura que nesta cruzada el perde moito pois o máis cómodo sería caer na morneza. Moita xente esta falta desta transcendencia, estamos nunha sociedade no que calquera indicio de transcendencia cérnase. 

E para concluír Iker Jiménez di a Munilla que lle gustaron as discrepancias do seu comentario e engadiu que sei que o misterio chega, que falar da alma non está mal, para min a alma non se pode comprar nin vender, é o máis importante da nosa esencia.

domingo, 11 de diciembre de 2016

LECTIO

DOMINGO III DE ADVENTO (GAUDETE)
 (Ano A: 11 Nadal 2016)

            O tempo de Advento ten, como ben sabedes, unha certa ambigüidade en canto que por un lado podemos dicir que principalmente se refire á espera da festa de Nadal, do nacemento do Señor, mais por outro banda faise tamén alusión á derradeira vinda do Señor á fin dos tempos, cando o Cristo glorioso restaure definitivamente tódalas cousas.
            Por iso, é dicir, por esta que chamo “ambigüidade” do tempo de Advento, a actitude de espera e de esperanza na vinda de Xesús en Nadal vén sendo tamén unha especie de aprendizaxe da actitude que debemos ter sempre, durante todo o ano, durante toda a nosa vida, ata o noso definitivo encontro co Señor.
      Temos que ter, polo tanto, actitudes de espera, de esperanza, de alegría e de paciencia sempre, durante toda a nosa vida. Trátase dunha especie de cóctel de actitudes aparentemente difíciles de harmonizar, pero que constitúen de feito a sustancia mesma da nosa vida. Proclámao para todos, tamén para nós, o profeta Isaías cando nos di cousas como as que acabamos de escoitar na primeira Lectura: “Ponde firmes os xeonllos que tremen”. “Collede ánimo, non temades”. “Velaí chega o voso Deus, El mesmo,  e salvaravos”. “Os rescatados do Señor ... conseguirán ledicia e felicidade, pois o sufrimento e o pranto fuxirán”.
            Para un cristián que cre na mensaxe de Xesús coa forza que nos dá a súa graza, a vida enteira é coma un día no que hai de todo, chuvia, nubes brancas e negras, sol que nos amosa ás veces claramente a súa face, quenturas e friaxes. Días que teñen tamén as súas noites, mais noites que esperan a chegada do rei sol, que indefectiblemente chegará para que alume o novo día. Esta comparanza reflicte algo do que nos quere ensinar o tempo de Advento.
            Algo semellante nos vén anunciar a carta de Santiago da segunda Lectura. Estamos todos envoltos nun proceso que non remata e ó que deberiamos a cotío estar abertos. É un proceso semellante ó que se ten que someter toda semente que queira frutificar e sobrevivir máis alá de si mesma, mais manténdose ela mesma dunha forma nova, superior, como planta vizosa e produtora de novas sementes. Este é o misterio da vida, de toda vida, que leva consigo procesos difíciles e complicados como o mesmo morrer, aínda que o proceso real non remate aí. Proceso que require paciencia, esforzo, confianza, esperanza. Santiago dínolo na súa carta desta fermosa maneira: “Tede paciencia, irmáns, deica a volta do Señor. Reparade en como o labrego, coa esperanza posta nos preciosos froitos da terra, agarda con paciencia as augas temperás e as serodias. Tede tamén vós paciencia e collede folgos, porque o Señor axiña chegará”.
            O tempo de Advento convídanos, pois, a sermos “sementes”. Pero sementes conscientes do que nos pasa en canto sementes que somos, conscientes dos cambios e procesos que ocorren en nós e que nos han levar a unha vida máis plena, máis verdadeira. Un gran de millo ou de trigo non sabe o que lle pasa cando se converte en semente, cando cae na terra, na escuridade, na humidade, nas chuvias, neves ou fríos da invernía que lle veñen enriba. Un gran de trigo ou de millo non pode saber nin crer, non pode sufrir, nin esperar. Nós, en cambio, podemos saber e sentir todo iso. Esa é a nosa diferenza e a nosa grandeza. Ese é o noso misterio, que nos asemella a Xesús na súa vida, nos seus padecementos, morte e resurrección.
            Este Xesús, guieiro e modelo noso, é o que nos pon hoxe diante dos ollos o evanxeo de Mateo. Dísenos nel que Xoán Bautista é loado por Xesús en canto “preparador” da súa Boa Nova. Pero só, e nada máis, en canto “preparador” ou iniciador do novo camiño de Xesús. Sabemos ben que o Bautista se centrou no labor de achanzar en certo modo o terreo para poderen os seu oíntes escoitar con proveito a mensaxe de Xesús. A linguaxe do Bautista era unha linguaxe de penitencia, de conversión, de temor ó xuízo de Deus. Un Deus concibido aínda sobre todo como castigador ou vingador. Xesús amósase, polo contrario, como “alegre anunciador” da Boa Nova, da alegre noticia. Como aquel que se presenta a si mesmo como “liberador” de todo mal, de toda limitación, como destrutor da morte, pois a resposta de Xesús ós discípulos do Bautista é esta: contádelle a Xoán que “os mortos resucitan”. Mais tamén teñen que lle informar a Xoán Bautista -segundo lles encarga Xesús- que el, Xesús, toma partido polos pobres, polos necesitados e marxinados da sociedade. Contádelle que “ós pobres se lles está a anunciar a Boa Nova”. É dicir, Xesús preséntase a si mesmo ante os discípulos de Xoán para que llo comuniquen a el, como o que, a diferenza de Xoán, vén amosarnos un Deus que nel, en Xesús, está aí non para condenar, senón para salvar, para amar e dar a súa vida por todos, para proclamar e construír esperanza, para sufrir cos que sofren e aledarse cos que se aledan.   
            Comprenderedes ben así por que o papa Francisco, na súa primeira encíclica ou Exhortación de hai só tres anos, nos falaba tanto da “alegría”, da alegría  que todo cristián ha de ter. O mesmo título dela o anunciaba: “Evangelii Gaudium”, é dicir, a alegría do Evanxeo. Este escrito do papa comeza así: “A alegría do Evanxeo enche o corazón e a vida enteira dos que se atopan con Xesús. Os que se deixan salvar por El son liberados do pecado, da tristeza, do baleiro interior, do illamento. Con Xesús Cristo sempre nace e renace a alegría. Nesta Exhortación quero dirixirme ós fieis cristiáns para convidalos a unha nova etapa evanxelizadora marcada por esa alegría”.
            O papa dinos que se trata dunha “nova” etapa de evanxelización, aínda que estea de feito, polo que antes comentei, en perfecta continuidade coa presentación de si mesmo que lles fai Xesús ós discípulos de Xoán Bautista para que lle leven a el a resposta de Xesús. Aquí está tamén a razón pola que Xesús, aínda que fai unha gran loanza do Bautista ó dicir del que é “moito máis ca un profeta” e que “ningún nado de muller fora meirande ca el”, engada a continuación que, malia dicir iso do Bautista, “o máis pequeno no reino dos ceos é meirande ca el”, co Bautista.
            Convertámonos, pois, a esta “alegre” e liberadora esperanza da “nova” Boa Nova de Xesús.

CREDO

ORACIÓN DOS FIEIS
            Na nosa oración comunitaria de hoxe dicimos: Ven, Señor Xesús.
Todos: Ven, Señor Xesús.
-          Ven á túa Igrexa, Señor, para que nos enchamos
do teu Espírito, da túa Boa Nova, e sexamos así xeradores de esperanza e alegría para os demais:
Todos: Ven, Señor Xesús.
-          Ven, Señor, ó noso mundo dividido, no que se asoballa a persoas e pobos, para que o teu Reino lle dea esperanza á humanidade:
Todos: Ven, Señor Xesús.
-          Ven, Señor, á nosa vida para que, iluminados pola luz do próximo Nadal, sexamos tamén luz e abeiro de paz e consolo para os que sofren.
Todos: Ven, Señor Xesús.
                                                                         
  Manuel Cabada Castro

viernes, 9 de diciembre de 2016

O Papa Francisco á Inmaculada.-

Ás catro da tarde, Francisco realizou a tradicional visita do Papa ao monumento á Purísima situado na Praza de España, un dos lugares emblemáticos da cidade de Roma.
Segundo informa Zenit, o santo pai Francisco visitou hoxe pola tarde en Roma, Praza de España, onde está a famosa columna coa imaxe de María Inmaculada, para o tradicional acto de veneración. Ese ano ademais da cesta de flores, foi posto un cesto con pans, para lembrar o recentemente concluído Xubileu da Misericordia e a quen ten dificultade para o sustentamento cotián. 
Superando importantes medidas de seguridade, miles de persoas esperábanlle alí, onde chegou o Santo Pai, mentres o coro da Capela Sixtina cantaba as ladaíñas en honra de María e o Tota Pulcra est Maria.
Aos pés da imaxe de María, o Papa recitou esta oración:

Oh María, nosa Nai Inmaculada,
no día da túa festa veño a ti,
e non veño só: traio comigo
a todos aqueles que o teu Fillo confioume,
nesta cidade de Roma e no mundo enteiro,
para que ti os bendigas e os salves dos perigos.

Tráioche Nai, aos nenos,
especialmente a aqueles sós, abandonados,
e que por este motivo son enganados e explotados.

Tráioche Nai, ás familias,
que levan adiante a vida e a sociedade
co seu empeño cotián e escondido;
de maneira particular ás familias que fan máis esforzo
debido a tantos problemas internos e externos.

Tráioche Nai, a todos os traballadores, homes e mulleres,
e confíoche especialmente a quen por necesidade,
esfórzase para realizar un traballo indigno
e a quen perdeu o traballo e non logra atopalo.

Temos necesidade da túa mirada inmaculada,
para atopar a capacidade de mirar ás persoas
ou as cousas con respecto e recoñecemento,
sen intereses egoístas ou hipocrisías.

Necesitamos do teu corazón inmaculado,
para amar de maneira gratuíta,
sen segundas intencións senón buscando o ben do outro,
con simplicidade e sinceridade,
renunciando a máscaras e maquillaxes.

Necesitamos as túas mans inmaculadas,
para acariñar con tenrura, para tocar a carne de Jesús
nos irmáns pobres, enfermos desprezados,
para levantar a quen caeu e dar apoio a quen vacila.

Temos necesidade dos teus pés inmaculados,
para ir cara a quen non sabe dar o primeiro paso,
para camiñar polos carreiros de quen está perdido,
para ir atopar ás persoas soas.

Agradecémosche, oh nai, porque mostrándoche
a nós libre de toda mancha de pecado,
ti lémbrasnos que antes de todo está a graza de Deus,
está o amor de Xesucristo que deu a vida por nós,
está a forza dl Espírito Santo que renova todo.

Feixe que non cedamos ao desánimo,
senón que confiando na túa constante axuda
empeñámonos a fondo para renovarnos nós
a esta cidade e ao mundo enteiro.
Reza por nós, Santa Nai de Deus.

Concluída a oración o Santo Pai saudou a diversos enfermos en cadeira de rodas que se atopaban presentes.
Os bombeiros teñen a honra de levar a coroa de flores cada ano, en particular quen está por retirarse. Fixérono pola mañá cedo. A coroa de flores foi levada a 28 metros de altura e alí debidamente suxeitada ao brazo da imaxe. Un pouco máis abaixo, na plataforma situada a 23 metros de altura serán levados outros ramos de flores. Roma está moi ligado á imaxe da Inmaculada pois foi inaugurada en 1857 grazas ao traballo de 220 bombeiros.
A praza de España toma o nome da embaixada de España ante a Santa Sé, que alí ten a súa sede e diante da cal se celebra a cerimonia. 

O papa Francisco, despois de render homenaxe á Nai de Jesús na Praza de España, dirixiuse á basílica de Santa María a Maior, deténdose en oración diante do ícono da Virxe que leva a invocación de Salus Populi Romani.