O pasado día 8 deste mes, solemnidade da INMACULADA CONCEPCIÓN, ás 9’30 da mañá o Papa Francisco rompeu o
muro simbólico que cerraba a Porta Santa da Basílica de San Pedro en Roma, para
cruzar en procesión os cardeais, bispos e relixiosos encabezados polo Papa
iniciando o Xubileu que rematará o 20 de novembro do vindeiro ano 2016, último
domingo do Ano litúrxico.
En realidade, é como un feito único na historia que o Papa
inaugurara este Ano Xubilar o primeiro domingo do Advento abrindo unha porta
Santa na catedral de Bangui na capital da República Centroafricana que visitou recentemente, dándolle así un
sentido más universal á celebración deste Ano.
Na catedral compostelán abriuse a Porta Santa o pasado
domingo, día 13, ás cinco da tarde, con unha gran cerimonia, na que o Sr.
Arcebispo D. Julián, invitara a todos os diocesanos.
¿Qué é un xubileu? ¿Para que sirve? ¿E por que este é
extraordinario? Os xubileus chámanse tamén ano santo, e para os católicos
significa poder obter o perdón de todos os pecados a través dunha serie da
actos nos que se concede a indulxencia
plenaria.
O xubileu romano celébrase cada vintecinco anos. O último
ordinario foi o ano 2000 e o próximo será no 2025. Nembargante, o Papa pode
decidir celebrar algúns extraordinarios explicando os motivos nunha bula papal,
como agora o fixo o Papa Francisco. Son anos santos da redención, e conmemoran especialmente
o sacrificio redentor de Xesús, por iso acostúmase a relacionar coa obra da
salvación do Señor; o último, por exemplo, foi no 1983 e foi decretado san Xoán Paulo
II.
¿Por qué da misericordia? ¿É raro? É tan raro que nunca
houbo un xubileu temático. O nome
decidiuno Francisco na súa bula papal e baséase en que “a vida da Igrexa
está sostida pola misericordia”. O Pontífice explicou que neste momento de
grandes cambios, “a Igrexa está chamada a ofrecer de maneira aínda máis clara,
os sinais da presenza e cercanía de Deus”.
Francisco non deixa de repetir que a Igrexa ten que volver a
encontrar o seu norte, o seu papel na sociedade, que non é outro que axudar aos
demais.
¿Cómo celebrará o Papa Francisco ol Ano Santo? O Papa
manterá mensualmente visitas no que son “xestos persoais”. Será nos venres. Por
exemplo, o día 18 abrirá “unha porta da misericordia” no albergue Don Luigi di
Ligero, un centro de acollida de Cáritas. Así, un venres ao mes recordará a
esencia deste xubileu, e todo apunta que será con visitas a centros da
periferia, que tanto lle gustan ao Papa, e incluso á casa dalgún enfermo
concreto. “Son encontros persoais do Papa”, recalcaba o Vaticano.
¿Pódese gañar o xubileu sen ir Roma? Hai moitas maneiras de
gañar o Xubileu, a idea é que ninguén quede sen a posibilidade de gañalo en
calquera parte do mundo, como fixo inaugurando o Xubileu nese lugar perdido do
Mundo. Nós poderémolo gañar na catedral de Santiago, incluso se poderá facer en
algunhas igrexas de cidades e vilas.
Ademais, enfermos e
persoas maiores so terán que seguir a misa pola televisión, e os presos tamén
poderán obter o perdón cruzando a porta da súa cela. Unha vez que se traspasa
ese umbral simbólico e sagrado, os fieis deben dedicar un momento a oración
para cumprir cos últimos requisitos” a
profesión de fe e a oración polo Papa e
polas súas intencións, é aínda que hai liberdade absoluta se recomenda recitar
a oración que Papa Francisco preparou para esta ocasión e terminar con unha
invocación a Xesús misericordioso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario