Hoxe, o Papa Francisco, elevará aos altares unha nova Santa
española, a Madre María de la Purísima, sétima superiora xeral da Compañía dos
Irmás da Cruz e unha das relixiosas máis queridas polos españois de agora,
quizais porque o seu pasamento tivo lugar apenas fai vinte anos e son moitos os
que aínda teñen presente a pegada deixada por esta nova santa..
Sevilla, Madrid, Xaén, Málaga, Mérida, Huelva, Valladolid,
Pamplona, Oviedo… de tolas partes da nosa xeografía estarán presentes en Roma
onde se calcula haberá máis de doce mil persoas
para este gran acontecemento, onde será tamén canonizado o sacerdote italiano
Vincenzo Grossi e o matrimonio Louis
Martin e Marie Zelie Guérin, os pais de santa Tereixa de Lisieux.
o
cariño a todas as Irmás da Cruz, porque, como di Olga Salvat, sobriña da Madre
e autora, xunto co pai Teodoro León, e vicepostulador da causa de canonización,
do libro Santa María de la Purísima, esta estima débese a que “son auténticas e viven o carisma da
súa fundadora. O ideal de santa Ánxela da Cruz era facerse pobre cos pobres. As
irmás de agora son como as de entón, en parte grazas á miña tía, pois o seu
lema era sempre ese. A pesar de todo fiel, ata o punto de que se di que si
algún día se perderan las regras da Orde, con so ver cómo viviu a miña tia
sería suficiente para reescribilas”•
Olga afirma tamén que nos pobos nos que viven as irmás
“saben que teñen un tesouro, porque están entregadas aos pobres. Van repartindo
o amor de Deus que teñen dentro, con tanta humildade e cariño que a xente as
ten nun pedestal”.
Olga Salvat coñeceu a súa tía cando xa era monxa, e cando
morreu tiña trinta anos. Recorda as ocasións na que ía a visitar a súa nai, a
avoa de Olga. “¡ha venido María Isabel!”, dicían todos na familia: “Sempre nos
dedicaba un rato e tiña un cariño cara os demais, irradiaba unha luz especial, aínda que era moi sinxela,
quería ser unha irmá máis, non quería destacar aínda que fora a madre xeneral.
Notábase que estaba chea de Deus”.
UNHA SANTA DE BARRIO.-
Unha chica do barrio de Salamanca. Así titulaba José María Javierre a súa biografía da nova santa.
Porque foi en Madrid onde naceu e pasou a súa época de nena e mocidade María
Isabel Salvat Romero. Bautizada na parroquia da Concepción o 27 de febreiro de
1926, aos sete días de nacer, realizou os seus estudios na colexio da Bienaventurada
Virxe María, das Madres Irlandesas, que por entón estaba na rúa Serrano. E foi
na súa casa de Madrid, no 1942, onde veu por primeira vez a esas monxas “tan
distintas” que acudiran para pedir para
os seus pobres e enfermos. Ao charlar
con elas lle contaron as súas vías: saen por parellas a atender enfermos e
familias necesitadas, as que saen de noite incorpóranse á oración da mañá sen
deitarse, non cobran nada e viven de esmolas, e están tan contentas que a veces
esquécense de comer… E Margaritas, que leva tempo escoitando a chamada de Deus,
visita ese mesmo ano a Casa Nai de Sevilla.
O día 8 de decembro de 1944, o día da Purísima, ingresa como
postulante na Compañía da Cruz. Tiña dezaoito anos.
Mais de 200
madrileños acudirán á canonización da
Madre este domingo no seo da peregrinación diocesana, e moitos máis irán por
conta propia. O domingo 25 de novembro, ás 12 da mañá, na catedral da Almudena,
monseñor Carlos Osoro presidirá unha Misa de acción de grazas pola canonización
desta nova santa madrileña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario