II DOMINGO DE CORESMA
- CICLO B
Primeira Lectura
Xén 22, 1-2. 9a. 10-13. 15-18
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Sacrificio do noso patriarca Abrahán
Naqueles
días, Deus puxo a proba a Abrahán, chamándoo:
‑ "Abrahán!"
El
respondeu:
-
"Aquí estou".
Deus
mandoulle:
‑ "Colle o teu fillo, o único
que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí
ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che
mostrarei".
Chegados
ao lugar que Deus dixera, tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrificar o
seu fillo.
Mais o
anxo do Señor chamou desde o ceo:
‑ "Abrahán! Abrahán!"
El
respondeu:
‑ "Aquí estou".
O anxo
dixo:
‑ "Non poñas a man no rapaz nin
lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me
negaches o teu fillo, o único que tes".
Abrahán
ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou
man del e ofreceuno en sacrificio, no
posto do seu fillo.
O anxo do
Señor chamou a Abrahán outra vez desde o ceo:
‑ "Xúroche por min mesmo ‑ palabra do Señor ‑ que por faceres isto e non me
negares o teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei crecer os teus
descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes
herdarán as cidades dos inimigos. todos os pobos da terra terán
bendición na túa descendencia, por me ter ti obedecido".
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 115, 10 e 15. 16-17. 18-19
R/. (Sal 114, 9): Camiñarei na presenza do Señor, na terra
da vida.
Eu tiña fe mesmo cando dicía:
"Que desventurado son!"
É preciosa aos ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
Señor, eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva:
ti rompiches as miñas cadeas!
Ofrecereiche un sacrificios de loanza,
invocando o teu nome, Señor.
Cumprirei os meus votos ao Señor,
á vista de todo o seu pobo,
nos adros da casa do Señor,
no medio de ti, Xerusalén,
Segunda Lectura Rm
8, 31b-34
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Deus non escatimou a entrega do seu propio Fillo
Irmáns:
Se Deus
está connosco, quen contra nós? Aquel que non aforrou a seu propio Fillo, senón
que o entregou por todos nós, como non nos vai regalar todo xunto con El?
Quen
acusará aos escolleitos de Deus?: Non é Deus o perdoador? Quen os vai condenar?
Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que está á dereita de
Deus e que intercede por nós?
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO
Oíuse a voz do Pai, que dicía desde a resplandecente nube:
Este é o meu Fillo benquerido: escoitádeo.
Evanxeo Mc 9, 2-10
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Este é o meu Fillo benquerido
Naquel
tempo, levou Xesús consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán, e subiu con eles sós a
un monte alto.
Alí
transfigurouse diante deles; e os seus vestidos viráronse resplandecentes,
brancos coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar.
E aparecéuselles
Elías e mais Moisés, que estaban a falar con Xesús.
Pedro
colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑ Mestre, que bo sería ficarmos
aquí! Imos facer tres tendas: Unha para ti, outra para Moisés e outra para
Elías
El non
sabía o que dicía, de tan asustados que estaban.
E formouse
unha nube que os cubriu; e dende a nube deixouse oír unha voz:
‑ Este é o meu Fillo benquerido;
escoitádeo.
E de
súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, senón a Xesús só onda eles.
Cando
baixaban do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada do que viran, ata
que o Fillo do Home resucitase de entre os mortos.
Eles
gardaron a cousa en segredo, pero preguntábanse entre si que sería aquilo de
"resucitar de entre os mortos".
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario