O valor do traballo: O traballo, o esforzo, a necesidade de
traballar para dignificar a vida e vivila dun xeito digno, non debe levamos a
esquecer que facelo ten sentido se somos capaces de asumir, entender e vivir
desde a acollida de Cristo como o que dá sentido, horizonte, perspectiva, salvación
... á . nosa vida. O que dignifica, enriquece, constrúe sociedade é a nosa
contribución á facer do mundo o lugar onde ninguén sexa excluído. É este un
esforzo común e unha tarefa compartida. Non saber apreciar isto fai que o
traballo acabe sendo unha carga deshumanizadora e escravizante. Pero tamén
deshumaniza aproveitarse do traballo dos outros. Porque unha cousa é a
solidariedade, que si é necesaria; e outra ben distinta é o abusar do esforzo
dos outros. Como poder levar con dignidade o nome de humanos, se non somos
capaces de respectar a dignidade -imaxe e semellanza de Deus- dos demais? Acaso
somos dos que pensamos que posuír, ter, aparentar, fachendear ... son actitudes
e respostas cristiás ao seguimento de Xesús?
Aprendendo
a relativizar: Ternos que aprender a re1ativizar. Pero, como nos custa!. Que
difícil é que nos recoñezan como cristiáns e cristiás pola nosa maneira de
afrontar o traballo, non para gañar e ser máis ca os outros, senón como un
medio que nos fai medrar e abrimos a compartir proxectos e ilusións cos demais.
Como di Pedro Casaldáliga, o único verdadeiramente absoluto no mundo, e contra
o que todos deberamos empeñamos para erradicala e loitar, é a fame, todo o
demais é relativo, secundario, pode esperar. Pero como nos custa relativizar,
que pouco empeño pomos niso!. Sempre nos gusta que o noso, o que pensamos,
falsa ilusión, é o mellor, que o pensan os outros, ou as posturas ou formas de
ver ou sentir as cousas, non só non vale, senón que mesmo chegamos a ocupar o
lugar de Deus, atrevéndonos a dicir que se non son ou fan coma nós, están en
pecado. Porén, nesta tarefa non hai, non pode haber, distincións: todos somos
iguais, sexamos brancos ou negros, europeos ou africanos, católicos ou
animistas, homes ou mulleres ... por que nos resulta tan difícil de entender? E
se non o entendemos, como o imos vivir? Por que pretendemos impoñer os nosos
gustos, as nosas formas, mesmo as nosas tradicións aos que teñen outras; e o
que é peor, por que os consideramos persoas de segunda orde por seren
diferentes a nós? Fáltanos evanxeo e sóbrannos tradicións. Cando aprenderemos!
Porque
somos finitos: E todo para que? Cantas loitas, envexas, egoísmos, xenreiras ...
polo que outros teñen, ou para que outros non teñan, para logo descubrir que
somos finitos, para un tempo, e que a morte nos iguala a todos. Que lonxe
estamos do que quería Xesús de nós! Que as palabras que vimos de escoitar no
evanxeo: "necio, esta noite vanche esixir a vida", nos fagan
endereitar o noso rumbo para que logo non sexa demasiado tarde.
Remol
No hay comentarios:
Publicar un comentario