4º DOMINGO CORESMA
CICLO B
Primeira Lectura 2
Crón 36, 14-16. 19-23
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DAS CRÓNICAS
A ira e a misericordia do Señor maniféstanse no desterro e
liberación do pobo
Naqueles días, as autoridades de Xudá, os sacerdotes e o pobo obraron
inicuamente, 1mitando as abominacións dos pagáns e profanando o templo que o
Señor consagrara en Xerusalén.
O
Señor, Deus de seus pais, mandáballes continuamente mensaxeiros, porque sentía
compaixón do seu pobo e da súa morada; pero eles burlábanse dos mensaxeiros de
Deus, ríanse das súas palabras e mofábanse dos profetas, ata que a ira do Señor
se acendeu sen remedio contra o seu pobo.
Os
caldeos conquistaron Xerusalén, incendiaron o templo, derrubaron a muralla,
prenderon lume a todos os seus palacios e esnaquizaron todos os obxectos de
valor. Levaron consigo desterrados a Babilonia os superviventes da matanza e
foron escravos seus e dos seus descendentes ata o triunfo do reino persa.
Cumpriuse así o que anunciou o Señor a Xeremías, e a terra gozou do seu
descanso sabático todo o tempo que estivo desolada, ata cumprirse setenta anos.
O ano
primeiro de Ciro, rei de Persia, o Señor, para cumprir o que anunciara por
medio de Xeremías, moveu a Ciro, rei de Persia, a promulgar de palabra e por
escrito en todo o seu reino:
‑"Ciro,
rei de Persia, decreta: O Señor, Deus do ceo, entregoume todos os reinos da
terra e encargoume construír un templo en Xerusalén de Xudá. todos os dese pobo
que viven entre nós poden volver. E que o Señor, seu Deus, estea con
eles".
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 136, 1-2. 3. 4-5. 6
R/. (6a): Que se apegue a miña lingua ao padal, se deixo de
pensar en ti.
Á beira dos ríos de Babilonia
sentabamos a chorar,
con saudades de Sión.
Nos salgueiros das ribeiras
penduramos as cítolas.
Alí os que nos desterraran
pedíannos palabras de cantares,
os nosos verdugos, himnos alegres:
"Cantádenos cántigas de Sión".
Como cantar un canto do Señor
estando en terra allea?
Se me esquecese de ti, Xerusalén,
que seque a miña man dereita.
Que se apegue a miña lingua ao padal,
se deixo de pensar en ti,
se non poño a Xerusalén
por riba de toda ledicia.
Segunda Lectura Ef
2, 4-10
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Os que morrestes ao pecado, fostes salvados pola graza
Irmáns:
Deus,
que é farturento en misericordia, polo grande amor que nos amosou cando
estabamos nós mortos polos nosos pecados, fíxonos revivir con Cristo
(salváronvos por pura benquerenza) e resucitounos con El e con El fíxonos
sentar no ceo en Cristo Xesús, para mostrarlles aos séculos vindeiros a
rebordante riqueza da súa graza, manifesta na bondade que tivo connosco en
Cristo Xesús.
Porque
vos salvaron por graza, mediante a fe; e isto non vén de vós: é don de Deus; e
non vén das obras, para que ninguén se poida gabar.
Somos,
logo, feitura del, creados en Cristo Xesús para facer obras boas nas que Deus
dispuxo de antemán que camiñemos.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Xn 3, 16
De tal xeito amou Deus o mundo,
que lle deu o seu Fillo Unixénito;
quen cre nel, ten vida eterna.
Evanxeo Xn 3, 14-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Mandou Deus ao seu Fillo para que, por mediación del, se
salve o mundo
Naquel
tempo, díxolle Xesús a Nicodemo:
- Como
Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home, para
que todo o que cre nel, teña vida eterna.
Pois
de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que
todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.
Non
mandou Deus o Fillo ao mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el se
salve o mundo. O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado,
porque non creu no Fillo Unixénito de Deus.
Nisto
consiste o xuízo: en que, vindo a luz ao mundo, os homes escolleron a tebra en
vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. Pois todo o que fai o mal odia a luz
e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras.
Polo
contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras
pois están feitas como Deus quere.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario